_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Praza da Verdura acondicionarase para mellorar a exposición dos produtos e fomentar a alimentación saudable

O Concello de Vilagarcía continúa apostando forte pola modernización e potenciación dos mercados de abastos municipais. Ás importantes actuacións desenvolvidas nos últimos anos na reforma das instalacións e servizos do edificio principal da Praza de Vilagarcía sumarase nos vindeiros meses o acondicionamento do pavillón da Verdura. Os traballos terán como finalidade mellorar a visualización e promoción dos produtos, fomentar a alimentación saudable e potenciar a economía circular como sistema sostible e respectuoso co medio. Na primeira fase desta intervención, que deberá estar rematada a finais deste ano, investiranse 144.000 euros.
03.04.2024.- A Concellería de Promoción Económica dirixida por Álvaro Carou xa dou os primeiros pasos contratando a redacción do anteproxecto ao arquitecto Alberto Redondo. Aínda por coñecer como se concretarán as actuacións a realizar, os obxectivos das mesmas serán mellorar a visualización por parte da clientela dos produtos da horta que se venden nas instalacións e optimizar as condicións de exposición con sistemas axeitados de iluminación. Tamén se prevé a dotación dunha zona expositiva móbil para desenvolver actividades promocionais e de fomento do consumo de produtos naturais e de proximidade.

Os traballos financiarase cos fondos Next Generation, no marco do proxecto de Mellora, Revitalización e Resiliencia dos Mercados Tradicionais e das Zonas Comerciais Urbanas do programa Vilagarcía Viva.

Este novo proxecto da Praza da Verdura súmase aos xa en marcha e outros a executar nos vindeiros meses, tamén a través deste mesmo programa europeo, tanto para continuar mellorando as instalacións dos mercados municipais como para crear novos servizos.

Entre os primeiros, está a piques de comezar a instalación do sistema fotovoltaico que permitirá á Praza de Vilagarcía xerar electricidade para autoconsumo; así como a creación dun punto de carga para vehículos eléctricos no mercado vilagarcián e outro no de Vilaxoán. A actuación ten un custe de 84.790 euros e xa está adxudicada, polo que comezará a executarse en breve.

En fase de contratación se atopa o proxecto de mellora da accesibilidade do Paseo García de Caamaño, a zona peonil que discorre entre o río e a sala de abastos. A obra, orzamentada en 34.000 euros, ten como finalidade arranxar as zonas do pavimento que se atopan deterioradas, como a dos antigos parterres eliminados para facilitar a manobra dos vehículos de carga e descarga dos vendedores da praza e tamén dos do mercado ambulante. As superficies en mal estado arranxaranse combinando o uso de pedra e pavimento.

Vehículo eléctrico para entregas a domicilio e taquillas intelixentes

Ademais, en fase de revisión de pregos se atopan outras importantes medidas que está previsto licitar nos vindeiros meses, como o subministro dun vehículo eléctrico para poñer en marcha un servizo de entrega a domicilio (40.000 euros), a instalacións das taquillas intelixentes (50.000 euros) ou o programa de dixitalización do mercado (48.000 euros).

Do mesmo xeito, estase concretando o contrato para a instalación de wifi aberta no mercado público (cun investimento de 12.500 euros) e están a piques de rematar as obras de reforma da Praza de Vilaxoán, nas que o Concello investiu preto de 200.000 euros.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -