_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O luns comeza a substitución do ascensor da Escardia por un modelo máis seguro, accesible e eficiente

A firma Schindler inicia a semana que vén os traballos contratados polo Concello para renovar o ascensor do paso soterrado da Escardia e poñer fin ás continuas avarías que o antigo elevador estaba dando. A administración local inviste 48.400 euros na actuación que consiste na substitución da maquinaria actual por un modelo máis seguro, accesible e eficiente, cun maior rendemento, e que mellorará a prestación aos usuarios.
28.03.2024.- O uso intensivo do ascensor actual e á exposición á intemperie, xunto cos anos que levaba instalado e os actos vandálicos, son as causas das frecuentes avarías e do mal funcionamento que estaba tendo a instalación. En atención ás demandas da veciñanza das zonas ás que dá servizo e tamén para garantir a completa accesibilidade, o goberno local optou por levar a cabo a mellora que se financia cos remanentes do orzamento municipal de 2022.

O actual elevador e a súa maquinaria substituiranse por equipos de última tecnoloxía que, ademais de ter mellor rendemento e de aportar maior comodidade e seguridade aos usuarios, tamén son máis resistentes e consumen menos enerxía. Con isto dáse cumprimento aos criterios de sustentabilidade e de eficiencia enerxética.

Entre as melloras que inclúe o novo equipamento está un sistema de seguridade que, en caso de parada ou de corte do subministro eléctrico, mantén sempre unha reserva de enerxía suficiente para dirixir o elevador ata o nivel máis próximo e abrir as portas, de xeito que a xente non quede atrapada no seu interior ata que se arranxe a avaría ou volva a electricidade.

A principal causa das avarías que estaba a sufrir o ascensor era a entrada de auga. Para resolver esta situación o contrato inclúe os traballos de illamento, impermeabilización e saneamento das paredes interiores e do foso, e tamén a colocación dunha viseira na saída ao exterior, na parte superior do elevador, para protexer a instalación da auga da chuvia.

O único acceso será pola rampla peonil mentres duren as obras

O goberno local é consciente de que o elevador do paso baixo a vía do tren é utilizado a diario por moitas persoas, tanto por comodidade, como por aquelas que por ir cargadas, con carros de bebé ou presentar problemas de mobilidade, teñen dificultade para utilizar a rampla peonil. Por iso solicitouse á adxudicataria que axilizase ao máximo os traballos a efectos de que o servizo poida volver estar operativo canto antes. En resposta a esta petición, a firma comprometeuse a reducir á metade o prazo de execución –inicialmente de 4 meses-, contando cor poder rematar a obra no máximo de 2.

Mentres duren os traballos, a comunicación a pé polo paso soterrado que une a zona de A Torre coa Escardia deberá facerse a través das ramplas.
Dende o Concello prégase desculpas por esta molestia temporal, lembrando que se trata dunha obra necesaria e demandada polos propios usuarios, e que a súa execución suporá unha importante mellora na prestación do servizo que a instalación ofrece aos veciños da zona.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -