_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía rende homenaxe á memoria de Helena Mariño dándolle o seu nome ao pavillón da rúa Castelao

O pavillón municipal de deportes da rúa Castealo chámase dende hoxe Pavillón Castelao-Helena Mariño en honor da que fora xogadora do Cortegada e en recoñecemento da intensa labor realizada ao longo da súa vida na promoción e formación do baloncesto en Vilagarcía. A homenaxe concretouse este mediodía nas céntricas instalacións municipais cun acto ao que, ademais da familia de Helena e de membros de todos os grupos da Corporación Municipal, asistiron representantes de distintos clubs deportivos da cidade, amizades, compañeiros e mesmo nenos e nenas aos que adestrou na práctica do baloncesto.
27.03.2024.- O acto desenvolveuse no exterior das instalacións, onde os fillos da homenaxeada, Lúa e Lois, acompañados do seu pai, Ricardo, foron os encargados de descubrir o rótulo coa nova denominación do pavillón, que xa luce na fachada do inmoble. Foi un momento moi emotivo que os asistentes arrouparon cos seus aplausos.

O alcalde, Alberto Varela, tomou a palabra “nesta sentida e merecida homenaxe que dende o Concello e en nome do deporte vilagarcián -do baloncesto máis en concreto-, lle rendemos a Helena Mariño”. O rexedor agradeceu a presenza de todas as persoas que acudiron ao acto, tanto a título persoal como en representación de entidades deportivas, sociais e políticas, “o que demostra o moito que a queriades e o moito que ela representaba para todos, tanto a nivel deportivo como persoal”. Un afecto “gañado a pulso” pola propia Helena Mariño a través dunha vida ligada ao baloncesto, primeiro mediante a práctica, e despois a través da formación e a colaboración na organización de eventos deportivos.

O rexedor fixo un breve resumo da traxectoria da homenaxeada, asegurando que “deixou unha fonda pegada en todos os clubs polos que pasou”, dende o Liceo, no que se iniciou como xogadora; ata o Cortegada, onde viviu a etapa máis importante da historia do club co ascenso á primeira división da Liga Feminina e participando en competición europeas. “Unha pegada indeleble” que tamén deixou no CB Vilagarcía onde, tras abandonar a práctica activa, implicouse na formación e adestramento da rapazada; e na Vilagarcía Basket Cup, formando parte da organización e coordinación do torneo que hoxe tamén leva impreso o seu nome.

O presidente do CB, Alberto Blanco, interveu no acto para agradecer ao conxunto da Corporación Municipal de Vilagarcía o “apoio unánime e sen fisuras” dado á proposta realizada dende o club para que unha instalación deportiva da cidade recordase a Helena Mariño, que tamén fora concelleira do Pleno de Vilagarcía nas filas do BNG. Precisamente por isto, a proposta do club formalizouse a través desta formación, contando co apio de todos os demais grupos políticos.

O alcalde advertiu da intencionalidade de que a homenaxe se materializase “aquí e agora”. “Quixemos que este recoñecemento fose nesta cancha, berce do baloncesto e onde Helena pasou tantas horas formando a nenos e nenas, para que o seu nome quede ligado para sempre a este deporte. E quixemos facelo neste preciso momento, no marco da Vilagarcía Basket Cup que se inaugura mañá”.

“Dende hoxe- rematou Varela- Helena Mariño sempre estará sempre aquí, neste pavillón, gozando do inconfundible son dos botes do balón e das zapatillas rozando o parqué: a música que máis lle gustaba escoitar”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -