_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O parking de Xoán XXIII volve a mans do Concello, que dende hoxe asume tamén a xestión directa das instalacións

O Concello de Vilagarcía volve a ter a plena titularidade do parking soterrado da Praza Xoán XXIII. A recuperación das instalacións e da prestación do servizo materializouse ás 13.30 horas coa celebración do acto administrativo de reversión e entrega do aparcamento, no que os representantes do Concello e da administración concursal de Proínsa, a concesionaria ata hoxe, asinaron a acta de recepción. Así pois, tras un longo proceso que levou varios anos, o parking regresa á administración municipal, que o xestionará como un servizo público con marcado interese social.
25.03.2024.- A acta de recepción foi asinada polo alcalde, Alberto Varela, en representación do Concello, e por Luis Pérez González e Fernando Martínez, de Interventum Concursal SLP, como representantes da administradora de Proinsa. A secretaria xeral do Concello, Rosa Losada, dou fe da sinatura no acto que contou coa asistencia do interventor accidental, do arquitecto municipal e dos xefes dos servizos de Contratación, Informática, Alumeado e Emerxencias do Concello. A firma realizouse despois de entregada e revisada toda a documentación polos xurídicos de ámbalas dúas partes. Tras o acto administrativo, o alcalde e os representantes de Proinsa visitaron o párking.

Orientar o servizo a unha finalidade máis social que económica

Como xa se anunciara hai uns días, o estacionamento público segue operativo e co persoal subrogado a Proinsa. Nesta primeira fase continuarán aplicándose as tarifas actualmente en vigor ata que o Concello concrete as bonificacións que pretende introducir, xa que a intención do goberno local coa xestión directa do parking non é a procura de rendemento económico, senón social. Por esta razón contémplanse medidas como establecer unha primeira hora de uso gratuíto que favoreza a rotación das prazas. E tamén se abordará con colectivos da cidade, como a asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta, a posibilidade de ofrecer tarifas bonificadas aos seus clientes como medio para favorecer a actividade nestes sectores.

En todos estes aspectos se comezará a traballar a partir de hoxe, ao igual que no relativo á liquidación definitiva da resolución da concesión a Proinsa, un asunto que ao goberno local gustaríalle resolver de forma acordada entre as partes e non tendo que chegar á vía xudicial. Neste punto, e tal como o Concello fixo constar na acta de recepción, a concesionaria non cumpriu a condición esixida no contrato asinado no seu día de devolver as instalacións “en perfecto estado de conservación e mantemento”, e tampouco se aveu a asumir o importe das reparacións dos danos existentes debido á falta de mantemento durante anos. Así as cousas, o custe destas obras negociarase na liquidación da concesión, restándose da cantidade a abonar polo Concello.

242 prazas a carón do consistorio

Situado a carón da Casa Consistorial, o parking Xoán XXIII conta con 9.269 metros cadrados de superficie distribuídos en tres sotos de 2.300 metros cadrados cada un. A súa capacidade total é de 242 prazas de aparcamento.
As tarifas actuais son de 0,0183 euros por minuto e de 13,15 euros por día completo. Tamén se ofrecen abonos de 12 e 24 horas para 15 ou 30 días. Os de medio día custan 43 e 54 euros, segundo sexan para dúas ou catro semanas, e os de día completo, 57 ou 72 euros, para os mesmos períodos.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -