_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Vilagarcía completa en Berdón a renovación dos cinco campos municipais de herba artificial

O campo de fútbol de Berdón será o seguinte no que actuará o Concello de Vilagarcía no marco do seu plan de mellora e mantemento das infraestruturas deportivas municipais. O alcalde, Alberto Varela, xunto cos concelleiros de Deportes, Carlos Coira, e de Turismo, Álvaro Carou, visitaron esta mañá as instalacións para anunciar a renovación do tepe de herba artificial das instalacións nas que adestran e xogan habitualmente seis clubs deportivos do municipio. A actuación ten un custe de 176.336 euros e financiarase a través do Plan Provincial de Infraestruturas Deportivas.
22.03.2024.- O rexedor explicou que o actual céspede de Berdón data de hai 14 anos polo que “tocada cambialo polo tempo transcorrido e polo uso intensivo que ten este campo por parte das entidades deportivas que fan uso del, tanto para adestramentos dos distintos equipos e categorías, como para a celebración dos partidos oficiais”. Varela indicou que, con esta obra os cinco campos de fútbol de herba artificial que ten o Concello quedan renovados con materiais de última xeración e quedando en perfectas condicións para a práctica deportiva.

Neste punto, Varela lembrou que a substitución do tepe do Manuel Jiménez podería estar rematada xa, pero a peticións dos clubs, decidiuse esperar aos meses de verán para non interferir na súa actividade en plena temporada.
O cambio da herba non é a única mellora levada a cabo nos últimos tempos polo Concello nas instalacións de Berdón. Antes, e cun investimento de 18.100 euros, renovouse toda a iluminación do campo, substituíndo os vellos proxectores por outros máis potentes e de tecnoloxía led. E con anterioridade se levou a cabo o arranxo dunha zona do terreo de xogo que presentaba un afundimento e dificultaba a práctica deportiva. Os traballos de nivelado tiveron un custe de 14.000 euros.

As melloras afectaron tamén á contorna do campo, con obras como a instalación dunha pasarela peonil de madeira para garantir a seguridade das persoas que se desprazan a pé ata o campo por unha vía estreita e que carece de beirarrúas.
Ademais, o concelleiro de Deportes anunciou que nos vindeiros meses a cuberta do pavillón de servizos do campo dotarase dunha viseira para que as persoas poidan resgardarse da chuvia cando acoden á cantina.

Coidado especial das infraestruturas deportivas

O alcalde puxo en relevo a especial atención que o goberno local está prestando ás infraestruturas deportivas nos últimos anos, con grandes investimentos e outros que, aínda sendo máis modestos, garanten o correcto mantemento e contribúen a que Vilagarcía conte cunhas instalacións en perfecto estado para que a veciñanza poida gozar do deporte nas mellores condicións, tanto practicándoo como asistindo como público. De feito, lembrou que tamén con cargo ao plan Máis Provincia, este mesmo ano acometerase a remodelación dos vestiarios do pavillón deportivo de Carril, e lembrou que, entre outras cousas, estanse executando investimentos millonarios na reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa e na ampliación e modernización da piscina municipal Celestino Brianes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -