_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O rexeitamento de PP e Vox á senda de estabilidade do Goberno reduce en 2 millóns a capacidade de gasto de Vilagarcía para 2024

Vilagarcía verá reducida a súa capacidade de gasto en 2024 en nada menos que 2 millóns de euros ao non prosperar no Senado a proposta do Goberno do Estado para flexibilizar os obxectivos de estabilidade orzamentaria para as administracións públicas nos vindeiros exercicios. A medida defendida polo executivo de Pedro Sánchez foi aprobada no Congreso co voto en contra do PP, pero rexeitouse dúas veces na cámara alta -onde o voto conservador ten a maioría coa unión dos populares e a ultradereita de Vox. Ante a repercusión directa que esta medida terá a nivel municipal, o executivo local elevará ao Pleno unha moción solicitando o apoio da Corporación á senda de estabilidade promovida polo Goberno estatal.
21.03.2024.- A tenente de alcalde, Tania García, foi a encargada de explicar a iniciativa que se abordará na sesión a celebrar o vindeiro 4 de abril asegurando que “poucas veces como esta vese tan claro como os asuntos que se abordan nas Cortes Xerais nos afectan directamente a cada un de nós. E tamén como o afán da dereita do PP por facer dano ao Goberno de Pedro Sánchez, non lles impide aliarse, outra vez, coa ultradereita de Vox, e moito menos lles importa o dano que con todo isto causan ao cidadán de a pé ao recortar o marxe de manobra económica ás comunidades autónomas e ás administracións locais”. García Sanmartín advertiu da gravidade da situación xa que son estas administracións as que mellor garanten o estado de benestar, posto que nelas recaen as competencias sobre servizos públicos básicos e esenciais como a Sanidade, a Educación ou os Servizos Sociais.

A proposta do Goberno Central para os obxectivos de estabilidade orzamentaria pretendía conferir maior autonomía financeira ás comunidades autónomas e ás administracións locais eliminando para estas últimas (concellos e deputacións) a obriga de contar en 2024 cun superávit orzamentario do 0,2%. Deste xeito, terían un marxe adicional de dúas décimas para poder financiar ao longo deste ano a prestación dos seus servizos e a realización de investimentos. Esta diferenza suporía para o Concello de Vilagarcía dispoñer de 2 millóns de euros que, debido ao rexeitamento de PP e Vox no Senado, agora non se poderán utilizar e deberán traducirse nun superávit a finais de ano.

A tenente de alcalde aproveitou para denunciar a “oposición destrutiva” que está a facer o PP en unión coa ultradereita, e para exhortar aos concelleiros do PP local a desmarcarse da súa dirección nacional e a apoiar a moción “se realmente defenden os intereses de Vilagarcía e dos vilagarciáns”.

Instan á Xunta a retirar a abrir a desembocadura do Con

Por outra banda, o grupo municipal socialista eleva ao Pleno do 4 de abril (correspondente á sesión ordinaria de marzo adiada debido á Semana Santa) unha moción para instar á Xunta á que acometa a liberalización da desembocadura do río Con, no tramo 0 do seu curso. Isto é, na zona portuaria onde actualmente se asenta a denominada nave de Moral.

O goberno local lembra que tras as inundacións de 2006, a propia administración autonómica recollía esta medida no plan de prevención elaborado por Augas de Galicia. Aproveitando que a concesión sobre a nave expirou a finais do pasado mes de decembro e tras coñecer a disposición da Autoridade Portuaria a facilitar a actuación, o goberno local propón ao Pleno instar á Augas de Galicia e á Consellería de Medio Ambiente a abrir o curso do río neste tramo. O momento para retomar o proxecto é o máis adecuando tendo en conta que se están executando outras das obras incluídas no plan de prevención de inundacións, como son a construción dos tanques de tormentas e a instalación de novos colectores do saneamento tamén nos últimos tramos do leito.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -