_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Alcalde e subdelegado do Goberno coinciden en que Vilagarcía debe contar cun cuarto xulgado

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o subdelegado do goberno central na provincia, Abel Losada, coinciden en que Vilagarcía debe contar con cuarto xulgados e, polo tanto, creen que a Xunta debe de incluír esta cuestión como prioritaria nas súas negociacións coa Administración do Estado á hora de definir o mapa xudicial. Na súa primeira visita institucional a Vilagarcía, Losada e Varela tamén abordaron outros asuntos de moito interese local, como a reforma e humanización da estrada N-640 e a rexeneración dos areais.
21.02.2024. Na comparecencia trala reunión de traballo, o subdelegado do Goberno subliñou que a súa labor “básica” é intermediar entre os Concellos e o executivo central, de aí a comunicación constante cos alcaldes, que son os que coñecen e lideran os proxectos máis importantes para as súas cidades. Neste sentido, Losada citou tres actuacións pendentes en Vilagarcía que ocuparon a maior parte da xuntanza. En primeiro lugar, a reforma integral da N-640 no seu tramo final, dende Ande, preto do hospital, ata a praza de Constitución, incluíndo por tanto toda a chamada “recta de Rubiáns”. Losada indicou, ao respecto, que Vilagarcía, como tantas outras cidades, foi “torturada” durante décadas pola presenza das infraestruturas que a atravesan; hoxe, engadiu, é preciso reverter esta situación si se quere mellorar a mobilidade sostible.

Outra das accións previstas polo Goberno en Vilagarcía é a rexeneración das praias. A programada para os areais da Concha e Compostela comezará en abril, á volta da Semana Santa, pero o alcalde xa advertiu que O Campanario, en Bamio, e O Preguntoiro, en Vilaxoán, tamén precisan de intervención, algo ao que Abel Losada asumiu, para lembrar que o coidado do medioambiente é un dos eixos da acción política do goberno de Pedro Sánchez. O subdelegado incluso foi máis alá para recalcar que esa protección do medioambiente ten tamén unha vertente económica, en canto atinxe ao desenvolvemento turístico da cidade.

A terceira gran cuestión abordada por Alberto Varela e Abel Losada foi a dos xulgados e a súa variante: o solar que posúe o Estado tralos edificios que no Cavadelo acollen a comisaría de Policía Nacional, por unha banda, e as salas de xustiza e o rexistro civil, pola outra. Tanto o alcalde como o subdelegado coincidiron en que é necesario crear a cuarta sala, unha demanda que ten tras de si moitos anos de reivindicacións. Por iso, consideran que a Xunta debería de ter en conta esta demanda á hora de negociar co Estado o desenvolvemento da planta xudicial en Galicia. Ao fío, o alcalde pediu ao subdelegado que transmita ao Goberno o que xa dixo noutros ámbitos e por outros medios: a necesidade de que o Estado renuncia a vender a parcela do Cavadelo porque chegado o momento será precisa para ampliación da actual sede xudicial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -