_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O concello investirá 95.000 euros na reforma integral do Camiño da Regueira, en Fontecarmoa

O Concello segue avanzando no seu plan de levar as redes de auga e saneamento a todos os recunchos do municipio, mellorando ao tempo a amplísima rede de viais rurais. Nesta ocasión tócalle a quenda ao denominado Camiño da Regueira, que xunto coa rúa Lomba Alta comunica a rúa Fontecarmoa coa avenida de Agustín Romero. O presuposto é de 95.000 euros para un tramo de apenas 220 metros lineais, o que dá unha idea do esforzo de investimento que require actuar sobre os máis de 30 quilómetros cadrados que compoñen a superficie non urbana do concello.
Como vén sendo habitual neste tipo de investimentos, será tan importante ou máis o que non se vai ver que o que realmente se verá. Isto é así porque o groso da obra consistirá en dotar da rede de auga e saneamento onde non existe e de renovala onde xa se fixera. En concreto neste pequeno tramo hai varias casas que aínda non están conectadas. Unha vez levantado o actual pavimentado, xa moi deteriorado, será instalado de novo, cunha capa de rodadura de seis centímetros, o que permitirá tamén gañar algo de espazo para a circulación e polo tanto tamén seguridade.

Hai uns días, remataron unhas obras similares na rúa Quinteiro, en Trabanca Sardiñeira, e neste mesmo lugar se están investindo 160.000 na mellora dos accesos. Onte anunciouse un proxecto de 214.000 euros máis para a rúa Fernández Flórez, unha das entradas principais á urbanización do Piñeiriño, e está a punto de rematar a intervención na rúa Xiabre, en Guillán, valorada en outros 90.000 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -