_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O concello investirá máis de 200.000 euros na mellora do acceso ao Piñeiriño a través da rúa Fernández Flórez

Unha das máis vellas demandas dos residentes do populoso barrio do Piñeiriño e mesmo dos usuarios dos centros educativos -un instituto e un colexio- e do complexo polideportivo de Fontecarmoa, está xa en vías de solución: o acondicionamento do acceso á zona a través da rúa de Wenceslao González Flórez. O goberno de Alberto Varela decidiu incluír esta obra no Plan +Provincia, que substitúe ao anterior Plan Concellos, da Deputación Provincial.
15.03.2024. O proxecto xa está redactado e valorado: 214.000 euros para un vial de pouco máis de 130 metros lineais e unha superficie aproximada de mil metros cadrados. A actuación contempla o retranqueo dun poste telefónico que dificulta a manobra de entrada no vial e tamén dun muro. Deste xeito, o renovado acceso ao Piñeiriño terá un ancho mínimo de 5 metros en dirección única e con beirarrúas, algo do que ata agora carece. Ao respecto, o goberno municipal agradece a cesión de terreos que fixeron algúns propietarios; aínda que non se trata dunha gran superficie, o salientable é que hai quen renuncia a parte do seu para beneficiar a todos. Como vén sendo habitual en todas as obras do concello, case tan importante como o que se vai ver, vai ser o no que non se ve, posto que o proxecto contempla a renovación total das redes de servicios. O prazo de execución será de catro meses.

A iniciativa foi presentada hoxe polo alcalde, Alberto Varela, aos representantes da Asociación de Veciños, da de Mulleres Rurais, da Cultural "Nós" e da Coral Polifónica, é dicir, as principais entidades sociais da parroquia. Na mesma reunión participaron a tenente de alcalde Tania García, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, e o arquitecto municipal e o xefe de obras.

Na mesma cita, goberno e colectivos estudaron outros temas de candente actualidade en Sobradelo. Por unha banda, o arranxo do centro sociocultural, no que, como xa se anunciou, están adxudicadas as obras de mellora por valor de 17.000 euros, con especial atención á cuberta, para evitar filtracións, ademais da impermeabilización da terraza, o reacondicionamento da cheminea e o pintado interior e exterior de todo o edificio. Na xuntanza, o arquitecto municipal aclarou aos veciños que a pretendida ampliación do centro non é posible neste momento pola propia cualificación urbanística do terreo sobre o que habería que actuar.

Por último, abordouse o traslado dun transformador eléctrico, fundamental para poder ampliar o campo da festa. Neste sentido, o goberno de Varela explicou aos colectivos que a proposta consensuada cos veciños segue adiante. Naturgy xa fixo unha proposta técnica para o reemprazamento da instalación, de xeito que xa se sabe que o traslado non só e posible tecnicamente senón que ten o prace da compañía subministradora. Esa nova situación esixe, sen embargo, unha negociación cos propietarios afectados para a cesión dos terreos e iso será obxecto da seguinte fase neste proxecto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -