_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O alcalde recibe en Madrid as bandeiras do “sendeiro azul” para a Vía Verde e a ruta mariñeira de Vilaxoán a Carril

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu hoxe en Madrid, nun acto convocado pola ADEAC, as dúas bandeiras de “Sendeiro Azul” que recoñecen o traballo feito tanto na Vía Verde, que une Vilagarcía, Portas e Caldas a través dun vello trazado do ferrocarril, como na Ruta Mariñeira que discorre entre Vilaxoán e Carril seguindo todo o litoral. O rexedor estivo acompañado por Álvaro Carou, responsable da Concellería de Turismo, da que partiu a proposta de sumarse a esta iniciativa. Na actualidade, en España hai 128 sendeiros significados con esta distinción, repartidos por 115 municipios de 21 provincias e 11 comunidades autónomas. Dos 850 quilómetros de sendas, case o 40% están en territorio galego. Dende agora, nese selecto club tamén está Vilagarcía e por partida dobre.
13.03.2024. A ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor) é unha entidade sen ánimo de lucro, responsable en España dos programas internacionais da Foundation for Environmental Education (FEE), entre elas as coñecidas e recoñecibles Bandeiras Azuis que premian a calidade dos areais. Dende hai 13 anos, a organización concede tamén as bandeiras de Sendeiros Verdes, que, nun proceso similar ao das praias, premia e recoñece a conservación e recuperación de sendeiros e itinerarios transformados en valiosos recursos para a interpretación e a educación ambiental e, igualmente, para o desfrute da natureza a través da realización de actividades recreativas, deportivas e turísticas sostibles.

No caso da Vía Verde dáse a circunstancia de que é a primeira vez que a ADEAC concede un premio que afecta a un sendeiro que transcorre por tres municipios, de xeito que malia que o galardón é único, os exemplares da bandeira serán tres: unha para Vilagarcía, outra para Portas e a terceira para Caldas. Así, se ingrese por onde se faga na Vía Verde, o usuario atoparase co distintivo que certifica a súa calidade, pero tamén o compromiso dos galardoados co seu mantemento.

Como no caso que afecta á ruta mariñeira de Vilaxoán a Carril, quen recibe unha bandeira destas características debe cumprir cunha serie de criterios e indicadores, en catro ámbitos: características das sendas e trazados; información, sinalética e infraestruturas; conservación e xestión do patrimonio natural e cultural; e uso público dos sendeiros.

O alcalde, Alberto Varela, celebrou que a ADEAC decidise premiar as dúas candidaturas presentadas por Vilagarcía, a primeira vez que o facía, ademais. Na súa opinión, é un recoñecemento ao traballo que o seu goberno vén facendo dende o primeiro día nos ámbitos turístico e medioambiental, pero tamén un estímulo para seguir traballando nunha oferta diferenciada e decididamente comprometida cun futuro sustentable. A intención é que as bandeiras sexan izadas antes de que comece a Semana Santa, cando se esperan miles de visitantes, moitos deles con motivo dos eventos deportivos que tamén forman parte desa proposta diferencial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -