_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Axentes forestais, aprendices de capataz de Lourizán e alumnos das filipenses colaboran na plantación de 85 novas árbores en Pinar do Rei

Preto de vinte axentes forestais do distrito, dezaoito alumnos da escola de capataces forestais de Lourizán e 47 alumnos de Primeiro de ESO do colexio filipense participaron esta mañá na plantación de 85 novas árbores na parcela municipal do Pinar do Rei, xunto á canceira municipal. Os rapaces, de 12 anos de idade, non son recibiron información sobre as distintas especies a plantar, senón as labores a realizar e o por que das mesmas. Igualmente, os axentes ensináronlle as técnicas básicas na prevención e extinción de incendios, incluída unha demostración práctica, polos mesmos alumnos e alumnas, do uso das mangueiras (apagado, protección persoal, etcétera), que foi unha das tarefas máis celebradas, dende logo máis que o uso do sacho para facer o burato onde plantar a árbore.
12.03.2024. A iniciativa de hoxe partiu do propio colexio filipense, que dende hai uns días vén traballando con alumnado a ESO sobre a sustentabilidade medioambiental. De feito, antes da plantación, axentes forestais estiveron nas aulas do colexio de Vistalegre explicando en que consiste a pegada de carbono, cales son as causas e consecuencias do cambio climático, que pode facer cada persoa, individual e colectivamente, para frear esa deriva, etcétera. O colexio, segundo informou a profesora Goretti Fariña, xa está traballando en novas saídas, como a do ano pasado, ás praias da Concha e Compostela, onde os nenos e nenas retiraron lixo e debateron sobre a incidencia dos plásticos no medio mariño.

NOVE ESPECIES DISTINTAS
As especies plantadas hoxe en Pinar do Rei son bidueiros, madroños, castaños, sobreiras, sequoias, metasequoias, loureiros, sabugueiros e ata un exemplar de ginkgo biloba. Os 85 exemplares, cultivados na Escola de Lourizán, súmanse aos 260 exemplares de tullas que foron plantadas en xaneiro despois de ter sido utilizadas na decoración de rúa no Nadal. A intención da concellería de Medioambiente, que dirixe Diego García, é seguir traballando nesta liña, colaborando cos colexios, as comunidades de montes e, como hoxe, cos axentes forestais e a escola de capataces de Lourizán. De feito, a concellería prepara xa novas actividades de concienciación para chegar a toda a cidadanía e nese obxectivo os rapaces xogan un papel fundamental.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -