_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A desaparición do funil de Aquilino Iglesia abre a rúa e permite avanzar na demandada humanización

A humanización do primeiro tramo da rúa Aquilino Iglesia avanza a bo ritmo, segundo puido comprobar esta semana o alcalde, Alberto Varela, na visita que realizou para facer seguimento dos traballos. A mellora da rúa é evidente ao terse derribado o muro que estrangulaba a vía. A medida, ademais de eliminar un punto negro para a seguridade viaria, aporta amplitude e vistosidade ao principal acceso á zona de recreo do populoso barrio dos Duráns.
02.03.2024. O proxecto deseñado pola arquitecta Lucía Araújo inclúe o retranqueo de varios postes eléctricos á nova aliñación da rúa. De feito, xa se teñen feito os preceptivos trámites con Fenosa para que a actuación se execute coa maior brevidade.

O Concello de Vilagarcía inviste 17.000 euros na execución deste proxecto de humanización, o segundo que se desenvolve nos Duráns no marco dun plan más amplo de rexeneración urbana. As obras, que comezaron a mediados de xaneiro e teñen un prazo de execución de seis meses, permiten albiscar xa as zonas delimitadas para o uso peonil e para o paso de vehículos.

A actuación que está executando a empresa Moncosa OHS céntrase non tramo de Aquilinio Iglesia que discorre entre os cruces coas rúas Duráns e Eduardo Pondal. Trátase dun proxecto de humanización que, a maiores de mellorar a imaxe da zona, permitirá gañar en comodidade e en seguridade viaria.

Coas obras a realizar a rúa converterase nunha vía de plataforma única e de uso compartido na que os vehículos só poderán pasar para acceder e saír dos garaxes e do párking do supermercado. Farano nun único sentido e a través dun carril que terá 3 metros de ancho en toda a súa lonxitude. O solado construirase con pavimento continuo de formigón tratado para conseguir acabados con distintas texturas e cores.

Na zona exclusiva de peóns habilitaranse bancadas coas que crear unha liña de xogos de axilidade especialmente pensada para o divertimento dos nenos e nenas. A intervención completarase co axardinamento a base de grupos de gardenias situados xunto cada banco e que contarán con rego programado. Por último colocaranse papeleiras e novas luminarias de tecnoloxía led.

Como en todos os proxectos que promove o executivo que preside Alberto Varela, a obra inclúe a renovación das canalizacións das redes de abastecemento de auga, saneamento e pluviais, reparando especialmente na recollida separativa das augas.

A intención do Concello unha vez rematada esta actuación é continuar coa humanización do resto de Aquilino Iglesia e crear un segundo estacionamento disuasorio na zona, para o cal xa se fixeron as necesarias xestións ante a propiedade dunha da finca.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -