_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Juno, Yoly Saa e Izaro compoñen o cartel da sétima edición do Achégate ao Salón

O ciclo de concertos matutinos de inverno, o Achégate ao Salón, regresa en febreiro a Vilagarcía cun interesante cartel composto por tres artistas emerxentes que están despuntando moito, tanto a nivel galego como nacional. Son Juno, Yoly Saa e Izaro. Os concertos de pequeno formato celébranse ás 12.30 horas no Salón García, nun ambiente íntimo debido ao reducido aforo, o que permite unha maior interacción e proximidade entre público e intérpretes.
29.01.2024.- Outro dos atractivos do ciclo musical organizado pola Concellería de Cultura son os seus módicos prezos. O abono para os tres concertos custa 25 euros e a entrada individual, 12. Ademais, desempregados e menores de 16 anos dispoñen de abonos e entradas bonificadas a 15 e 5 euros respectivamente.

O alcalde, Alberto Varela, e concelleira de Cultura, Sonia Outón, presentaron a sétima edición do Achégate ao Salón, composto por cun concerto ao mes de febreiro a abril. Os membros do goberno local destacaron o éxito desta innovadora fórmula coa que se pretende dinamizar Vilagarcía con actividades os domingos pola mañá, potenciando a cultura e aos músicos que non se atopan nos circuítos comerciais, e orientando os concertos a un público familiar co obxectivo de ir captando novos públicos entre a mocidade. Ademais, Outón lembrou que este ciclo tamén permite poñer en valor e dar a coñecer a “xoia patrimonial” que é o Salón García.

Juno

O programa comezará o 25 de febreiro coa actuación de Juno, o orixinal proxecto individual no que Zahara e Marti Perarnau experimentan coa música electrónica utilizando sintetizadores, caixas de ritmos e loopers para crear unha intimista distopía visual e sónica.

Yoly Saa

O domingo 10 de marzo será Yoly Saa quen suba ao escenario do Salón García para presentar o seu primeiro álbum completo “A Golpes de Fe” cun concerto acústico. Esta cantautora galega afincada en Madrid pasou de tocar no metro a publicar o seu primeiro traballo de estudo “Magma”, que a levou a posicionarse como un dos talentos emerxentes máis prometedores do país. Letrista para artistas consagradas como Luz Casal ou Malú, participou no programa de televisión “Dúos Increíbles” de TVE e é unha das cantantes seleccionadas para participar no Bedinorm Fest co tema “No se me olvida”. Ademais, vén de protagonizar unha actuación xunto con Andrés Suárez no programa “Un país para escucharlo”, presentado por Ariel Roth na 2 de TVE.

Izaro

O ciclo péchase o 28 de abril co concerto acústico con banda completa que ofrecerá Izaro. Esta artista vasca desborda creatividade e exerce tanto de intérprete como de compositora, produtora artística, directora de arte de videoclips e documental. “Cerodenero” é o título do seu quinto disco, un traballo maduro no que xoga co pop, a música de raíz e a electrónica dende unha mirada contemporánea moi respectuosa co pasado.

Venta de abonos e entradas individuais

Como en anteriores ocasións, habilitarase un primeiro prazo (do 29 de xaneiro ao 15 de febreiro) para a venta dos abonos para asistir aos tres concertos. A partir do día 16 de febreiro, e sempre que non se cubra o aforo cos abonos, poranse á venta as entradas individuais para cada actuación. A compra pode facerse a través de http://www.ataquilla.com (máis gastos de xestión).

"Vilagarcía non para"

O alcalde asegurou que o Concello continuará apostando polo Achégate ao Salón e a súa versión de primavera, o Ágora Vermú, porque son dous formatos de concertos que contaron cunha excelente acollida do público dende os seus inicios e que son unha proposta diferente e moi innovadora que se puxo en marcha en Vilagarcía e que outros municipios adoptaron posteriormente.

Ademais, Varela destacou a continuada programación lúdica e cultural que ten Vilagarcía durante todo o ano. “Recén saídos das actividades de Nadal, tivemos unha zarzuela, comeza o ciclo de teatro galego, estamos preparando o Entroido, comeza o Achégate ao Salón e logo continuamos co Ágora Vermú, os maios, Santa Rita, o Clasclás, o Atlantic Fest, as festas de San Roque, o Revenidas, o Ameixa Rock, o Curtas, o teatro de outono… e xa nos volvemos a meter no Nadal. E é que Vilagarcía non para”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -