_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Un alumno do Anexo A Lomba gaña o concurso autonómico de debuxo da Fundación Mapfre e Stop Accidentes

O patio do colexio Anexo A Lomba acolleu esta mañá na entrega de premios do concurso de debuxo "¡Ahora vamos andando al cole!", convocado por Stop Accidentes e a Fundación Mapfre e do que un dos seus alumnos, Izan Teijo Abalo, resultou ser gañador autonómico na categoría de 5º e 6º curso. No acto participaron o alcalde, Alberto Varela, a concelleira de Mobilidade, Paola María, e a xefa Territorial de Tráfico, Paula Yubero, así como representantes de Stop Accidentes e da Fundación Mapfre, e o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou. Un diploma, un casco e unha bolsa reflectora foron os primeiros agasallos que recibiu o gañador, que amosouse sorprendido e especialmente ilusionado cando, por sorpresa, lle fixeron entrega dunha bicicleta.
08.06.2023.- O certame promovido por Stop Accidentes e patrocinado pola Fundación Mapfre ten como obxectivo educar e concienciar á poboación infantil sobre seguridade viaria e fomentar os desprazamentos a pé e en bicicleta, en lugar de en vehículos a motor, como xeito de reducir riscos e accidentes. Tanto na modalidade de debuxo como na de carta, os traballos presentados debían referirse ao lema do concurso, "¡Ahora vamos andando al cole!", un tema no que o Concello de Vilagarcía, coa colaboración de Stop Accidentes, leva tempo traballando con actuacións como a creación e posta en marcha dos Camiños Escolares Seguros e de promoción do uso da bicicleta, coa realización de eventos e a creación de infraestrutura específica.

O debuxo de Izan foi seleccionado entre un total de 6.000 presentados en toda Galicia, aspecto que destacou a representante de Stop Accidentes, quen tamén lle lembrou que agora o seu traballo pasará a competir no certame nacional ao que concorren 20.000 ilustracións de escolares. A maiores da modalidade individual, o Anexo A Lomba tamén participa no certame na categoría de centros educativos, fallo que se dará a coñecer a semana que ven, polo que a voceira da asociación desexoulles moita sorte, esperando poder volver ao colexio vilagarcián a entregar máis premios.

O alcalde e a concelleira de Mobilidade felicitaron a Izán Teijo, aos seus compañeiros de colexio e ao equipo docente polo traballo que están a realizar en xeral, e máis en concreto en materia de mobilidade sostible e segura. Neste punto animaron á rapazada a facer como os seus pais e avós cando eran cativos, que ían camiñando ou en bici ao colexio, a xogar e a facer os recados. Paola María referiuse á experiencia dos Camiños Escolares Seguros, que xa funciona na zona de Matosinhos e A Lomba e coa que os nenos e nenas participantes "están encantados, porque ademais de ser unha práctica de mobilidade sostible, divírtense moito ao facer o traxecto con máis nenos e nenas cos que van charlando e xogando".

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -