_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Tres empresas pugnan pola obra da reforma integral do pavillón nº 1 de Fontecarmoa

Despois do axuste orzamentario e da apertura do novo proceso de licitación, a materialización da reforma do pavillón número 1 de Fontecarmoa parece estar encarrilada xa que, tras pecharse onte o prazo de presentación de ofertas, finalmente son tres as empresas que concorren ao concurso. Co obxecto de recuperar o tempo perdido coa repetición do proceso debido ao incremento xeneralizado dos prezos dos materiais, a Mesa de Contratación reunirase coa maior brevidade para avaliar as propostas co obxecto de poder adxudicar e iniciar as obras canto antes. O proxecto licítase por 2.129.428 euros (impostos incluídos).
02.06.2023.- O prazo de execución dos traballos é de 7 meses, aínda que a intención do goberno local é que a empresa que resulte adxudicataria axilice ao máximo as obras para que os clubs da cidade poidan retomar a actividade no renovado pavillón canto antes e para que os vilagarciáns poidan gozar do deporte nunhas instalacións cómodas, modernas e eficientes.

Importantes melloras en eficiencia enerxética

O proxecto que se vai executar é unha actuación moi ambiciosa e de gran envergadura xa que inclúe a reparación da estrutura, a substitución da cuberta, a mellora de envolventes e o acondicionamento interior do pavillón, así como a instalación de sistemas de enerxía fotovoltaica, a renovación da instalación eléctrica e a de climatización. Estas últimas melloras permitirán que o renovado pavillón cumpra os compromisos da Axenda 2030 e suba catro niveis na escala de eficiencia enerxética, pasando a situarse na categoría “A”.

As obras proxectadas resolverán todas as carencias e deficiencias que presentan actualmente as instalacións construídas hai máis de 40 anos -especialmente en materia de humidade e condensación, que dificultan a práctica deportiva-, pero tamén de imaxe. Por isto, aparte da estrutura e das instalacións, tamén se renovarán a zona de vestiarios, os aseos e o perímetro da cancha.

Elevado desembolso municipal

O Concello fixo un importante esforzo económico para acometer o proxecto, xa que dos case 2,2 millóns de euros do orzamento, a administración local financia 1.779.428 euros (1.353.874 directamente e 425.554 con parte dos fondos que lle corresponden a Vilagarcía con cargo ao Plan Concellos da Deputación). Os 350.000 euros restantes son a achega que fai a Secretaría Xeral para o Deporte.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -