_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Carmen Posadas, Juan Tallón e Carme Chaparro súmanse á lista de autores presentes no Vilagarcía, Cidade de Libro

O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Xuventude, Alba Briones, presentaron esta mañá a programación do Vilagarcía, Cidade de Libro, o evento de temática literaria que se desenvolverá do 12 ao 14 de xuño. Carme Posadas, Juan Tallón e Carme Chaparro son os últimos autores que se suman á lista de participantes deste ano, na que figuran outras grandes firmas en distintos xéneros como Ian Gibson, Rayden, Rebeca Stones e Juan Arcones. Os escritores galegos estarán representados por María Solar, Andrea Maceiras, Manuel Portas e J.R. Alonso de la Torre.
01.06.2023.- A terceira edición do Vilagarcía, Cidade de Libro repite o novidoso e aplaudido formato dos anos anteriores, combinando unha ampla variedade de actividades destinadas a todos os públicos e que pretenden abarcar o eido literario dende todas as súas perspectivas: creación, produción editorial, venta e lectura. Así, os autores invitados volverán a firmar libros, a conversar ao solpor e a interactuar co público. As librarías da cidade disporán de casetas de venta e o colectivo local A Mesa das Verbas contará cun espazo para difundir os seus traballos. Todas estas actividades se celebraran na Praza da II República, epicentro da Cidade do Libro, aínda que tamén se desenvolverán actos en outros espazos do municipio, como presentacións de novidades literarias ou espectáculos de dinamización, e a maior parte da programación infantil, como o Literatur e os espectáculos teatrais e de contacontos, terán lugar do Parque Miguel Hernández.
Como cada ano, as temáticas de cada xornada son variadas. Así, a do 13 de xuño, na que participará o rapeiro Rayden, leva por título “Da música ao libro”. O madrileño, que está centrando a súa traxectoria profesional na escritura, falará sobre o libro que vén de publicar e tamén sobre o rap como unha forma de expresión da nova poesía urbana.

Baixo o epígrafe “Camiños literarios”, o día 14, Carmen Posadas e Manuel Portas conversarán sobre as traxectorias vitais e profesionais que os levaron ao mundo da escritura e o camiño que cada un deles levan percorrido por esta senda.

A seguinte xornada contará coa intervención cun dos estudosos máis importantes da historia española do século XX, Ian Gibson. O autor irlandés encabeza o cartel da xornada “Historias Literarias”, na que conversará co xornalista afincado en Vilagarcía, José Ramón Alonso de La Torre.

“Con sentido e sensibilidade” reflexionarán o 16 de xuño Rebeca Stones, Juan Arcones e Andrea Maceiras para afondar na literatura que fala dos sentimentos e do amor máis diverso, concibido en calquera das súas fórmulas e expresións.

A última sesión das conversas ao solpor, a do sábado 17, permitirá que Carme Chaparro, María Solar e Juan Tallón investiguen e desvelen os misterios da novela negra, de misterio e policíaca na sesión que la por título “Un crime na vila”.

Grandes embaixadores de Vilagarcía

O alcalde apuntou que o Vilagarcía, Cidade de Libro é unha mostra máis da capacidade que ten o Concello para organizar grandes eventos e felicitou a Alba Briones polo atractivo e interesante cartel de autores conseguido para esta nova cita. “Que figuras tan relevantes das letras, tanto a nivel nacional como galego, veñan a Vilagarcía, coñezan a cidade e vexan a calidade e a magnitude dos eventos que realizamos fai que se convertan nos mellores embaixadores que podemos ter da nosa vila”, engadiu o rexedor.

Motor da cultura e a economía local

Pola súa banda, Alba Briones insistiu en que coa organización deste tipo de programas, ademais de promocionar a educación e a cultura a través da literatura en todos os seus xéneros e expresións, tamén se busca dinamizar a economía local. Ademais, a concelleira de Xuventude explicou que, a maiores de contar con autores xa consagrados a nivel nacional, sempre se busca potenciar o talento galego e local incorporando escritores autóctonos. Con este mesmo obxectivo, no espazo expositivo da Praza da II República, o Concello pon varias casetas a disposición das librarías locais para que establezan os seus puntos de venta e poidan aproveitarse do tirón de público que acude ás actividades da Cidade de Libro e ás firmas e conversas cos autores. A Libraría Vidal, Metrópolis Cómic Arousa, Follas Novas Arousa e Espazo Lector Nobel son os establecementos da vila que contarán con caseta propia na feira.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -