_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os permisos para as cachadas de San Xoán e San Pedro poderán solicitarse ata o 16 de xuño

O Concello vén de publicar un bando informativo sobre os requisitos que se deben cumprir para obter o os permisos para a celebración das cachadas de San Xoán e San Pedro. Como en anos anteriores, deberá solicitarse permiso tanto para realizar fogueiras, tanto privadas como por parte de colectivos, como para a organización de grelladas en vía pública por parte de establecementos hostaleiros. Os interesados deberán solicitar a preceptiva autorización municipal antes do sábado 17 de xuño e a lista de permisos concedidos publicarase o día 23 no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, onde tamén se atopan os formularios de solicitude. A obtención do permiso implica a aceptación por parte dos solicitantes do cumprimento dunha serie de normas sobre seguridade e limpeza.
30.05.2023.- O trámite pode realizar se de forma telemática na sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal) ou mediante presentación presencial no Rexistro Xeral, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:00 horas. Na solicitude de autorización de cachada debe constar, como mínimo, unha persoa responsable, identificada con nome, número do carné de identidade, dirección, teléfono e copia do DNI.

Normas de seguridade

O bando informa dos requisitos de obrigado cumprimento por parte dos organizadores das cachadas e cos que se pretende garantir a seguridade nas celebracións. A fogueira terá un perímetro de seguridade de 6 metros de radio por cada metro da altura combustible, porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, de que estea lonxe de zonas arboradas, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables. Non se poderán acumular combustibles nos arredores das cachadas e tampouco se poderán queimar nelas materiais contaminantes ou perigosos, como pneumáticos, aerosois, etc...

Para garantir a seguridade e atallar posibles incidencias, deberá disporse de material para a extinción do lume, tal e como caldeiros con auga, area ou extintores, e os organizadores están obrigados a deixar completamente apagada a fogueira antes de marcharse, para o cal deberán empapala con auga. Ademais, con exceso de vento non se poderá prender a fogueira.

Respectar a liña de preamar nas praias
A maiores destas normas, as fogueiras autorizadas nas praias deberán cumprir tamén o requisito de instalarse respectando os 6 metros de servidume de paso dende a liña de preamar ou marea alta, tal como se recolle na ordenanza reguladora do uso das praias, e outros 6 metros de marxe respecto ao bordo do paseo marítimo.

No caso de que se teña intención de realizar a cachada na beirarrúa ou en calquera outro espazo público, ademais de cumprir os requisitos xa mencionados, deberá protexerse o pavimento con placas de ferro, area ou material similar que evite danalo. Ademais, os organizadores terán que deixar a zona limpa unha vez rematada a fogueira.

A lista das fogueiras autorizadas polo Concello publicarase na sede electrónica. Aquelas cachadas que non fosen autorizadas, ou para as que non se presentase solicitude previa, non poderán levarse a cabo, quedando encargados os servizos municipais de impedir o seu desenvolvemento. Efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía inspeccionarán as fogueiras que obteñan permiso a efectos de verificar o cumprimento das normas de seguridade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -