_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A xestión enerxética do concello permitiu aforrar máis de 300.000 euros no gasto de electricidade en catro anos

As medidas de xestión eficaz do consumo eléctrico en Vilagarcía de Arousa permitiron á cidade diminuír o consumo en catro anos en 1,5 millóns de kwh/ano, é dicir, un 21% menos. Malia o brutal incremento dos prezos como consecuencia da crise enerxética mundial derivada da guerra de Ucrania, o certo é que esas medidas permitiron ao concello aforrar 333.000 euros a súa factura nese período. Despois de dous anos de fortes subidas do prezo, dende este ano a factura comezou a baixar tras pasar a consumo á modalidade de mercado libre.
27.05.2023. Esta foi unha das principais conclusións que se deron a coñecer na reunión que esta semana se desenvolveu no concello para iniciar o proceso de avaliación do Pacto das Alcaldías de Europa polo Medioambiente, cuxo instrumento de execución é o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible. O PACES é unha iniciativa europea na que os gobernos locais e rexionais comprometéronse de forma voluntaria a implantar no seu territorio os compromisos en materia de clima e enerxía da UE. O plan desenvólvese con fondos europeos xestionados en Galicia pola Xunta.

O Concello de Vilagarcía de Arousa adheriuse en febreiro de 2021 ao ese Pacto das Alcaldías e elaborou o seu primeiro informe PACES en novembro de 2021. Entre os compromisos que se adquiriron está reducir en, polo menos, un 40% as emisións de CO2 no Concello de cara ao ano 2030, tomando como ano de referencia o 2015. Ademais de aumentar a capacidade de resiliencia do concello mediante a adaptación ao cambio climático.

Tras dous anos, e tal como establece o Pacto das Alcaldías, debe avaliarse o estado das medidas que se propuxeron. Ademais de comprobar se o concello de Vilagarcía de Arousa está en boa dirección para alcanzar o compromiso na redución das emisións de cara ao 2030.

Os datos iniciais, presentados pola empresa InovaLabs, encargada da xestión do PACES, confirman que o concello está cumprindo de xeito óptimo con esas directrices. E o consumo eléctrico é so un exemplo. Coas medidas de aforro e xestión eficaz non só se reduciu o consumo e a factura, senón que iso evitou que se emitisen á atmosfera o equivalente a 789,2 toneladas de C02 por ano.

As principais actuacións realizadas nestes últimos anos foron a implantación da xestión enerxética municipal, incluído o uso dun software específico; o inventario de todas as instalacións consumidoras; a optimización de contratos de subministracións enerxéticas; a renovación de equipos menos eficientes como as lámpadas de descarga actuais da iluminación pública por outras de tecnoloxía led; a optimización, mellora da eficiencia e telexestión das estacións de bombeo de augas; e a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior dos edificios de titularidade municipal.

CAMBIO CLIMÁTICO: MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN
En Galicia, xa están adheridos ao Pacto Europeo das Alcaldías 240 dos 313 concellos existentes. As liñas de actuación fronte ao cambio climático son dúas, as de mitigación e as de adaptación. A cuestión non é menor: os datos elaborados con distintas fontes sobre o concello de Vilagarcía son ben elocuentes. De seguir como estamos, é dicir, sen tomar ningún tipo de medidas, as previsións para o ano 2100 indican que as precipitacións poderían baixar entre un 3 e un 5% e as temperaturas máximas subir entre 1,5 e 3,5 graos; e pasaríamos de 37 noites cálidas ao ano a entre 68 e 84, mentres que as noites de xeada (12,3 actualmente) se reducirían á menos da metade.

Para mitigar os efectos do cambio climático e para adaptarse ás súas consecuencias, dende o PACES se estableceron medidas que o concello vén desenvolvendo sen dilación nos últimos anos: peonalizacións para reducir o tráfico de vehículos no centro da cidade; fomento do uso do transporte público colectivo con medidas como o VaiBus; a promoción do uso da bicicleta como medio de transporte alternativo e sustentable co Vaibike!; a ampliación da rede de ciclovías e carris-bici; o VaiaPé para incentivar aos cidadáns a desprazarse camiñando pola cidade; ou a creación de estacionamentos disuasorios, ademais das medidas de aforro enerxético como a xa comentada do consumo eléctrico, a renovación da flota de vehículos municipais por outros eléctricos ou híbridos e a substitución das vellas caldeiras de combustibles fósiles por outras de biomasa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -