_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O concello investirá 52.000 euros no acondicionamento do acceso ao miradoiro da Cruz de Xiabre

O concello de Vilagarcía segue adiante co seu proxecto de poñer en valor o monte Xiabre como un dos principais atractivos da súa oferta turística. A dirección xeral de Turismo da Xunta de Galicia acaba de comunicar a aprobación do proxecto presentado polo goberno local para o acondicionamento do tramo final do acceso ao miradoiro da Cruz de Xiabre, que, dende a súa apertura, converteuse nun potente reclamo e recebe numerosas visitas. O investimento será de 52.000 euros, dos que o 90% corresponden aos fondos europeos Next Generation, que neste caso xestiona a Xunta, e o resto, a fondos municipais.
17.05.2023. A concellería de Turismo, que dirixe Álvaro Carou, encargou o proxecto á empresa Ecoplanin, especializada en xestión e información ambiental. As obras comezarán de inmediato e só necesitarán unhas poucas semanas para velas concluídas. Basicamente, trátase de actuar nos últimos 320 metros no carreiro de acceso, con forte pendente e mal estado pola incidencia das escorrentas das augas. Actuar sobre este tramo foi, dende a apertura do miradoiro, unha das principais reivindicacións dos usuarios. Tamén unha preocupación do goberno local, que resolveu con éxito as súas xestións para lograr a financiación dos fondos Next Generation, en concreto pola liña 3, destinada á “transición accesible e inclusiva para un turismo mais competitivo”.

Para evitar as dificultades que hoxe presenta o tramo final do acceso ao miradoiro e facer máis doada esa subida, a empresa tivo en conta o estipulado no “Manual de aspectos constructivos de Caminos Naturales do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación” do 2021. Así, a solución pasa por habilitar un camiño de xabre compactado de 125 centímetros de ancho e 21 de alto, con bordos de madeira tratada ao autoclave. A mellora inclúe nalgúns puntos a instalación de escalas de pasos largos, feitos integramente en madeira tratada.

Este investimento súmase ao que xa fixo o concello anteriormente, primeiro habilitando o miradoiro de ferro galvanizado arredor da icónica cruz, e despois contratando a sinalización que levará a viaxeiro dende a avenida de Rosalía de Castro, pero especialmente dende a zona de descanso en Fontefría, ata o camiño que, cunha lonxitude de 1.000 metros, leva directamente ao miradoiro. Un lugar situado a máis de 400 metros de altura dende o que se divisa o río Ulla e a ría de Arousa e a confluencia de ambos, unha illa –a de Cortegada- integrada nun parque nacional, os vales do Salnés e o Ullán e, por suposto, Vilagarcía de Arousa en toda a súa extensión.

As intervencións arredor do miradoiro –a propia estrutura, a sinalización e agora o tramo final do acceso- forma parte dun plan global que pasa por poñer en valor o litoral de Vilagarcía de Arousa como atractivo turístico. De feito, o miradoiro é a última etapa das rutas mariñeiras que comezan en Vilaxoán e conclúen no Xiabre despois de percorrer a costa de Vilagarcía e Carril. É, ademais, unha reivindicación de Vilagarcía de Arousa como peza fundamental da ruta xacobea do río Ulla e mar de Arousa, a orixe de todos os camiños.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -