_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Habilitadas 540 prazas de estacionamento na finca Douro como alternativa ao peche parcial do párking de Fexdega

Os traballos de ampliación do aparcamento disuasorio da finca Douro permitiron habilitar un total de 540 prazas de estacionamento libre e gratuíto que xa están dispoñibles para ser utilizadas polos vilagarciáns e persoas que visiten a cidade. O Concello de Vilagarcía decidiu acondicionar máis superficie nesta estratéxica zona co centro urbano como alternativa ao peche parcial do párking dianteiro de Fexdega para acometer o tanque de tormentas que está a construír Augas de Galicia.
16.05.2023.- A actuación levada a cabo na finca Douro non se limita a compensar as prazas inhabilitadas temporalmente polas obras, unhas 120, senón que as cuadriplica. Para elo, o total da superficie acondicionada polo Concello (limpa de maleza e explanada) suma 13.500 metros cadrados que se distribúen en tres zonas da enorme bolsa de terreo. A primeira ampliou a zona inicial do disuasorio, a situada entre a esquina de Rodrigo de Mendoza coa rúa Castiñeiro (a escasos 50 metros de Fexdega). A segunda, seguindo o fronte da finca cara a rúa Arealonga (á que sube á Laxe) e a terceira, na zona da propiedade que linda coa rúa Moreira, nas Bocas. Para facilitar a entrada e saída de vehículos do disuasorio establecéronse tres accesos: dous dende Rodrigo de Mendoza (o inicial pola esquina da rúa Castiñeiro, e outro máis próximo á rotonda da Laxe) e un terceiro pola rúa Moreira.


Cómpre lembrar que o párking dianteiro de Fexdega non está totalmente inutilizado polas obras. Aínda quedan unhas 80 prazas dispoñibles no extremo que dá acceso rodado ao recinto feiral e ao aparcamento posterior, que tamén ten capacidade para outras 400 prazas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -