_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A reforma integral do pavillón nº 1 de Fontecarmoa sae a licitación co orzamento actualizado a 2,1 millóns de euros

Despois de cumprimentado o trámite de ampliación do orzamento debido ao sobrecuste ocasionado polo incremento dos prezos dos materiais, o proxecto de Reforma Integral do Pavillón Número 1 de Fontecarmoa volve a saír a licitación cun presuposto de 2.129.428 euros e un prazo de execución de sete meses. As empresas interesadas en realizar esta obra dispoñen de prazo ata o 1 de xuño para presentar as súas propostas a través da Plataforma Pública de Contratación.
13.05.2023.-
A actuación a executar é de gran envergadura xa que inclúe a reparación da estrutura, a substitución da cuberta, a mellora de envolventes e o acondicionamento interior do pavillón, así como a instalación de sistemas de enerxía fotovoltaica, a renovación da instalación eléctrica e a de climatización. Estas últimas melloras permitirán que o renovado pavillón cumpra os compromisos da Axenda 20-21 e suba catro niveis na escala de eficiencia enerxética, pasando a situarse na categoría “A”.

O proxecto resolverá todas as carencias e deficiencias que presentan actualmente as instalacións construídas hai máis de 40 anos, especialmente en materia de humidade e condensación, que dificultan a práctica deportiva, pero tamén de imaxe. Por isto, aparte da estrutura e instalacións, tamén se renovará a zona de vestiarios, aseos e o perímetro da cancha.

O Concello fixo un importante esforzo económico para acometer o proxecto, xa que dos case 2,2 millóns de euros do orzamento, a administración local financia 1.779.428 euros (1.353.874 directamente e 425.554 con parte dos fondos que lle corresponden a Vilagarcía con cargo ao Plan Concellos da Deputación). Os 350.000 euros restantes son a achega que fai a Secretaría Xeral para o Deporte.

A reforma do pavillón principal de Fontecarmoa é unha obra moi necesaria e das máis importantes dos últimos anos. Trátase dunha vella demanda dos vilagarciáns, dado que a edificación actual quedou obsoleta e presenta numerosas carencias e deficiencias. Como a maioría dos vilagarciáns, o goberno local quere que Vilagarcía conte no menor prazo posible cunhas infraestruturas deportivas modernas, adaptadas aos requirimentos que esixe a práctica deportiva na actualidade e ás características técnicas en canto a eficiencia enerxética. Ademais, a execución dos traballos permitirá a Vilagarcía contar cunhas instalacións acordes a unha cidade de 48.000 habitantes e ás competicións de carácter autonómico e nacional, e incluso eventos internacionais, que acolle este pavillón.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -