_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello recorre á Fundación de Ferrocarriles Españoles para fomentar a mobilidade activa en Rosalía de Castro

O Concello de Vilagarcía recorre á liña de axudas convocada pola Fundación de Ferrocarriles Españoles para continuar o proceso de humanización e mellora da mobilidade municipal, neste caso actuando sobre o primeiro tramo da avenida de Rosalía de Castro. A actuación para a que se solicita unha subvención de 452.274 euros céntrase no único tramo desta travesía que é de titularidade municipal: o que vai da Praza da Constitución á rotonda do Ramal. Dado que o obxecto da convocatoria da FFE é financiar “actuacións para o fomento da mobilidade activa e o uso da bicicleta”, a intervención a realizar inclúe a creación de infraestrutura ciclista ademais da humanización e mellora da accesibilidade.
11.05.2023.- Para poder concorrer a esta nova liña de axudas, o Concello tivo que presentar á FFE o proxecto encargado previamente a Enurcoin. Ademais de ao tramo municipal de Rosalía de Castro, os traballos que se recollen no documento afectarán á Rúa Colón (á que conecta á anterior coa avenida da Mariña) e tamén á Praza da Constitución. Todos estes espazos acondicionaranse axeitadamente para dotalos dos medios necesarios para fomentar a mobilidade activa, para o cal se mellorará a accesibilidade peonil e se dotará á zona de infraestruturas ciclistas. Tamén se aproveitarán os traballos para mellorar a estética da zona, dándolle unha imaxe máis moderna e atractiva, incidindo na creación de espazos para o esparexemento na praza e a presenza de zonas verdes.

O proxecto está presupostado en 502.527 euros, polo que de concederse a subvención solicitada (para cubrir o máximo do 90% que permite esta liña de axudas) o Concello tería que aportar os 48.250 restantes.

A programación desta nova actuación de humanización e mellora da mobilidade permitirá ampliar a transformación que se vai a levar a cabo no tramo vilagarcián da N-640 co proxecto que ten previsto executar o Ministerio de Transporte Movilidad y Agencia Urbana. Esta actuación cambiará por completo a principal vía de entrada e saída de Vilagarcía cun orzamento de case 6 millóns de euros.

Ademais de humanizar o tramo completo (dunha lonxitude de 4,6 quilómetros) e de habilitar carril bici, a actuación prevé reordenar o estacionamentos, crear unha rotonda na zona industrial de Rubiáns, incorporar elementos verdes e instalar medidas de calmado de tráfico de xeito que a estrada se integre de forma agradable e segura no entramado urbano, e peóns e ciclistas teñan maior protagonismo.

Os traballos comezarían nas inmediacións da rotonda de Godos, pasando polas avenidas de Pontevedra, Rubiáns e das Carolinas, a Rúa San Roque e a avenida Juan Carlos I para rematar na Praza da Constitución. Precisamente neste punto comezaría a nova actuación que proxecta o Concello e que pretende financiar cos fondos da FFE.

Completar a humanización no tramo autonómico de Rosalía de Castro

Con estes dous proxectos xa programados, só quedaría pendente a mellora do tramo autonómico da avenida Rosalía de Castro, o que vai dende a rotonda do Ramal ata Carril. O Concello leva anos demandando á Xunta de Galicia, titular desta travesía, a resolución de deficiencias e a realización de melloras de accesibilidade, mobilidade e seguridade viaria nesta transitada vía. A demanda faise máis necesaria agora, se cabe, toda vez que as administracións estatal e municipal teñen previsto actuar nos tramos anteriores do principal eixo viario e urbano que atravesa a cidade de Vilagarcía. Así o reiterou o propio alcalde, Alberto Varela, durante a presentación do investimento que ten previsto realizar o Ministerio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -