_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Banda de Música de Vilagarcía arranca no parque da Coca o seu ciclo de concertos na rúa

Coa chegada do bo tempo, boa parte da actividade lúdica e cultural trasládase aos espazos abertos e ao aire libre. Un dos programas tradicionais é “A Banda na Rúa” que comeza esta mesma fin de semana cunha parada no Parque da Coca. Dende entón e ata finais de xullo, a Banda de Música de Vilagarcía ofrecerá un total de cinco concertos en distintas rúas, barrios e prazas do municipio, pasando ademais de pola Florida, polo Piñeiriño, Ravella, Vilaxoán e Carril
10.05.2023.- O concreto inaugural do ciclo deste ano será o domingo, 14 de maio, no Parque da Coca e baixo a modalidade dunha sesión vermú, posto que a formación dirixida por Jesús Nogueira, actuará a partir das 13 horas.

Esta será a única actuación da Banda na Rúa a realizar no mes de maio. As catro citas restantes desenvolveranse no mes de xullo. A primeira o 2 de xullo, tamén a mediodía, no Piñeiriño; o 14, pero en sesión de “tardeo”, na Praza de Ravella a partir das 21 horas. Unha hora máis tarde comezará o concerto na Praza Rafael Pazos, en Vilaxoán, o 15 de xullo, coincidindo coas festas do Carme. E o ciclo rematará o 25 de xullo en Carril, co concerto ás 13 horas na Praza da Liberdade e no marco das celebración do Apóstolo.

O ciclo de concertos “A Banda na Rúa” está incluído no convenio de colaboración mediante o que o Concello de Vilagarcía financia estas e outras actividade da Banda de Música co obxectivo de que a música da querida e respectada agrupación chegue a diferentes puntos da cidade e estea presente nas festas de todas as parroquias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -