_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
O Labora Xoven formará a 16 mozos nas especialidades de Salvamento Acuático e Enerxías Renovables

O Concello de Vilagarcía vén de presentar á Consellería de Economía, Emprego e Industria o proxecto para a posta en marcha dunha nova edición do Obradoiro Labora Xoven. A proposta vilagarciá inclúe as especialidades de Socorrismo Acuático e de Enerxías Renovables, nas que un total de 16 mozos e mozas poderán formarse durante un ano e obter os correspondentes certificados de profesionalidade. Para a posta en marcha deste novo obradoiro de emprego, o Concello solicita á Xunta unha achega de 424.840 euros cos que financiar o proxecto, e aos que a administración local engadiría os 30.000 restantes.
09.05.2023.- O obradoiro Labora Xove está dirixido a mozos e mozas de 18 ou máis anos inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O proxecto terá unha duración de 12 meses, tempo no cal os participantes estarán contratados polo Concello e percibirán o correspondente salario á vez que reciben a formación teórica e práctica que lles permita obter a cualificación profesional necesaria para acceder ao mercado laboral a través dunha destas dúas profesións. Para acadar un maior índice de inserción laboral, a Concellería de Promoción Económica propuxo a formación en dúas especialidades que contan cunha gran demanda de profesionais no mercado de traballo na actualidade e con previsión de que se manteña ni futuro.

O obradoiro terá unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional para que os alumnos poidan obter os correspondentes certificados de profesionalidade, do Nivel 2 (AFDP0209/AFDP0109) no que a Socorrismo Acuático se refire, e de Nivel 1 (ENAE0111 NIVEL 2 ENAE0108) no de Enerxías Renovables. Na fase de aprendizaxe, o alumnado realizará traballos de interese social ou comunitario para o Concello a través dos servizos correspondentes.
O alumnado da especialidade de Socorrismo Acuático” realizará asistencia operativa ao Servizo Municipal de Emerxencias e á Fundación Municipal de Deportes nas actividades de socorrismo en eventos deportivos acuáticos e espazos naturais (praias) e nas instalacións acuáticas de titularidade municipal (piscina municipal).

O alumnado da especialidade Enerxías colaborarán cos servizos municipal de Electricidade e Obras el labores de montaxe e mantemento de instalacións de enerxías solares fotovoltaicas en infraestruturas municipais.

O proxecto e o seu financiamento aínda debe ser aprobado pola Consellería. Unha vez se confirme a súa aprobación, será cando se poñan en marcha os mecanismos de contratación tanto do alumnado (8 persoas para cada un dos módulos) como do profesorado. O proceso realizarase a través do servizo Público de Emprego que será o que remita a lista de candidatos que reúnan os requisitos establecidos na orde autonómica que regula este tipo de obradoiros.

No caso do alumnado, ademais de estar inscritos no rexistro do Sistema de Garantía Xuvenil, debe ter apuntado no seu itinerario de inserción as especialidades a impartir.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -