_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A colorista “Simbiosis” de Edmundo Paz exíbese ata o 7 de maio na sala Rivas Briones

A sala de exposicións Antón Rivas Briones acolle dende hoxe una exposición pictórica do artista afincado en Vilagarcía Edmundo Paz. “Simbiosis” é o título da colorista mostra que o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, visitaron esta mañá e comentaron co propio autor. A exposición componse dun total de 42 obras de pequeno e mediano formato a través das que Paz invita ao espectador a gozar de xeito pausado e en silencio para deixarse levar cara a súa propia interpretación. Na visita participaron tamén o crítico de arte Ramón Rozas e o escritor Alberto Avendaño.
24.03.2023.- O papel é o soporte común de todas as obras, aínda que tratado de diferente xeito. Nunhas ocasións como simples pregos lisos e outras como pranchas onduladas que semellan uralitas pintadas. E tamén bolsas de papel fermosamente estampadas e que compoñen una orixinal serie coa que Paz pretende lanzar unha mensaxe ecolóxica: a de que todo se pode reciclar, incluso unha simple bolsa de papel á que se lle da unha segunda vida converténdoa nunha obra de arte que Avendaño cualificou como arte “prêt-à-porter”, de levar pola rúa.

Esta é a segunda vez que Edmundo Paz expón en Vilagarcía. A anterior, no ano 2007 na sala de exposicións do Auditorio, polo que con “Simbiosis” estréase na Rivas Briones , unha sala “marabillosa” na que o artista dixo “estar contentísimo de expoñer”. Todos os traballos colgados nesta ocasión son de factura recente, e neles Edmundo tratou de amosar o seu mundo interior combinando unha paleta de cores totalmente explosiva e moi chamativa cunha facturación de trazo rápido, unhas veces só con pintura acrílica, e outras combinando esta técnica co lapis ou coa cera.

Unha colección “sorprendente” en palabras de Sonia Outón, e moi interesante en opinión de Varela Paz, que animou aios vilagarciáns a visitar a mostra e descubrir os “marabillosos trampantoxos” que son algúns cadros, que semellan ser unha cousa cando realmente son outra.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -