_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Banco Municipal de Tempo organiza unha xuntanza entre os seus usuarios e novas persoas interesadas en participar

Os usuarios do Banco Municipal de Tempo de Vilagarcía participarán o sábado nunha xuntanza de presentación co obxectivo de coñecerse persoalmente e explicar as actividades que se ofrecen a prestar de forma colaborativa ás demais persoas inscritas no programa. A xuntanza celebrarase ás 12 da mañá no seminario número 1 do Auditorio e está aberta a calquera persoa interesada en coñecer o proxecto que está a desenvolver a Área de Igualdade do Concello e, si o desexan, a inscribirse no mesmo.
23.03.2023.- O Concello de Vilagarcía reactivou o ano pasado o Banco Municipal de Tempo dentro da liña de intervencións para a inclusión social do programa Vilagarcía Avanza que se está a desenvolver no marco da estratexia EDUSI e que se financia cos FEDER da Unión Europea. A dinamización e xestión do Banco de Tempo nesta nova etapa corre da man sa asociación O Soño de Lilith e coa colaboración doutros colectivos e veciños da vila.

O proxecto consiste dun intercambio de tempo no que persoas de Vilagarcía doan e reciben tempo doutros veciños para a realización de distintas actividades, como conversa en inglés, lingua de signos, acompañamento, asesoramento, paseo de mascotas, actividades de ocio, cultura, coidados, etc. O principal obxectivo desta iniciativa é tecer redes colaborativas nunha sociedade cada vez máis individualizada e na que se foron perdendo este tipo de relacións que antes eran tan comúns entre a veciñanza e que enriquecía e fortalecían o sentimento de comunidade.

A segunda etapa do Banco Municipal de Tempo púxose en marcha a pasada primavera. Tras os traballos iniciais de actualización do rexistro de usuarios e actividades en oferta e demanda, realizouse unha campaña informativa e de captación de usuarios. Na actualidade o Banco conta con 40 usuarios que están intercambiando actividades dende finais do verán.

A xuntanza do sábado pretende que as persoas usuarias se poñan cara e amosen as distintas ofertas e demandas que hai nesta plataforma. O encontro está aberta á participación de calquera persoa que desexe informarse e, si o desexa, anotarse.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -