_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía honra a Celestino Brianes Lojo coa colocación da placa co seu nome na Piscina Municipal de Fontecarmoa

O vindeiro sábado, 25 de marzo, é o día elixido para completar a merecida homenaxe do pobo de Vilagarcía a Celestino Brianes Lojo, unha persoa que ligou boa parte da súa vida á defensa, promoción e organización do deporte local. Será mediante o acto de colocación dunha placa co seu nome na entrada principal da piscina municipal de Fontecarmoa, un acto que terá lugar ás 12 do mediodía, e que contará coa presenza dos membros da Corporación Municipal, do Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes, do Club Natación e Salvamento e doutros colectivos deportivos e sociais do municipio que acompañarán á familia de Celestino neste sentido tributo a súa labor e a súa persoa.
18.03.2023.- Apenas dous meses despois do seu falecemento en novembro de 2018, o Concello de Vilagarcía acordou en Pleno denominar a Piscina Municipal de Fontecarmoa como "Piscina Municipal Celestino Brianes Lojo", concluíndo así o proceso iniciado coa proposta realizada pola Alcaldía uns días despois da inesperada morte de Brianes e a posterior aprobación da mesma na Xunta de Goberno e no Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes.

Dende ese día, a piscina de Vilagarcía levaba oficialmente o nome de Celestino Brianes. So faltaba a colocación da placa e a homenaxe pública correspondente, acto que se foi pospoñendo, primeiro debido á pandemia e despois ás futuras obras de ampliación, actuación, por certo, defendida por Brianes como representante do club de Natación. Malia que as obras están a piques de iniciarse, o goberno local decidiu non esperar máis para facer constar de forma visible nas instalacións deportivas o nome de Celestino, coincidido coa presentación do proxecto de ampliación da piscina que tanto lle compracería ver executado.

Agradecemento á súa dedicación e exemplo para futuras xeracións

Celestino Brianes Lojo é unha persoa clave para entender o deporte local nas últimas décadas. Tal como se fixo constar no seu día na proposta da Alcaldía, aínda que a súa labor será dificilmente esquecible para todos aqueles que practicaron ou coñeceron o deporte local nas últimas décadas, é preciso que a súa figura e a súa obra sexan recordadas no propio complexo deportivo de Fontecarmoa como agradecemento de todos os vilagarciáns pola súa dedicación aos demais, pero tamén como exemplo para futuras xeracións.

Brianes Lojo participou do atletismo, do baloncesto, do fútbol ou da natación, dirixindo delegacións federativas ou promovendo a creación de clubs, o último o de Natación e Salvamento. Precisamente, Celestino sempre defendeu a tradición desta disciplina deportiva en Vilagarcía. De feito, moito antes de crear o club xa participaba na organización das travesías a nado do porto. Outra das homenaxes realizadas dende o Concello e a Fundación de Deportes foi tamén darlle a consideración de Memorial Celestino Brianes á Travesía a Nado de Vilagarcía, coa primeira edición xa no ano 2019.

A súa faceta como activista do deporte tamén deixou unha fonda pegada no baloncesto, xa que exerceu de delegado zonal da Federación de Baloncesto durante máis de 20 anos, precisamente na época na que este deporte sentou as bases en Vilagarcía para chegar a contar con equipos nas principais ligas masculinas e femininas.

Pero, ademais, Brianes foi un dous promotores e fundadores da actual Fundación Pública de Servizos Deportivos -a Fundación de Deportes-, da que foi vicepresidente e vogal en distintas ocasións. De feito ocupaba unha das vogalías cando faleceu. Grazas a aquela iniciativa que Celestino Brianes compartira con Adolfo Pedrido, Carlos Comendador e Mario Barreiro, hoxe miles de persoas practican deporte na cidade e se multiplicaron as instalacións para a súa práctica.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -