_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Luis Piedrahita regresa a Vilagarcía en xuño co monólogo “Es mi palabra contra la mía”

O famoso humorista galego Luis Piedrahita recalará en Vilagarcía a principios do mes de xuño coa xira do seu último espectáculo, “Es mi palabra contra la mía”. O “rei das cousas pequenas” volverá a pisar as táboas do Auditorio Municipal o sábado, 3 de xuño, con este novo monólogo cheo de enxeño e tenrura no que Luis analiza por que ninguén está contento co que lle tocou. As entradas para o espectáculo xa están á venta en http://www.ataquilla.com ao prezo de 18 e 15 euros, máis gastos de xestión. A función comeza ás 21.00 horas.
17.03.2023.- “Es mi palabra contra la mía” é un monólogo escrito e dirixido polo propio Piedrahita coa colaboración do humorista J.J. Vaquero e do director televisivo Rodrigo Sopeña.

Neste novo espectáculo, Piedrahita volve a uliscar a realidade con afán de porco trufeiro e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día, tratando temas de tan fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo al váter alleo ou o amor verdadeiro. Profundas reflexións de voo galináceo e improvisacións meticulosamente ensaiadas que conducen a que todos os espectadores acaben chegando á mesma conclusión: só o humor fai a vida soportable.

Humorista, escritor, ilusionista, guionista e director de cine español, Luis Piedrahita saltou á fama cos seus enxeñosos e descritivos monólogos sobre a vida cotiá e as palabras, con intervencións en programas stand-up comedy’ como El club de la comedia, e colaboracións en famosos programas de televisión como “El Hormiguero”, onde tamén fixo gala da súa faceta como ilusionista.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -