_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación licita por 63.300 euros o mantemento vexetal de sete instalacións deportivas durante un ano

O Concello de Vilagarcía, a través da Fundación Municipal de Deportes vén de sacar a licitación as labores de mantemento vexetal de sete instalacións deportivas municipais. Trátase dos campos municipais de fútbol A Lomba, Sobradelo-Vilaxoán, Berdón, Mari Paz Vila e A Pelada, ademais do estadio de atletismo e do complexo deportivo de Fontecarmoa. O contrato ten un duración de 1 ano, prorrogable outros dous, e licítase por 63.314 euros anuais (IVE incluído).
09.03.2023.- Os pregos foron elaborados por un técnico experto no mantemento e coidado deste tipo de instalacións deportivas a efectos de recoller todas as labores, técnicas, maquinaria, tratamentos e produtos a utilizar para garantir o óptimo estado dos terreos de xogo de céspede natural e para tratar de resolver os problemas que se veñen dando en canto á aparición de enfermidades e outras circunstancias.

O contrato inclúe tanto o coidado dos terreos de xogo nos campos de herba natural (A Lomba e o do estadio de Atletismo), como o control e limpeza de maleza nas sete instalacións mencionadas. As primeiras, as relativas ao coidado do céspede natural, son ás máis importantes e técnicas e entre elas inclúense labores de sega, rega e revisión dos sistemas de rega automática, fertilización, tratamentos fitosaniotarios preventivos e para atallar enfermidades, aireación e descompactación, recebados, retepados, resementeiras, escarificados, así como de nivelado e asentamento do terreo. Nos pregos especifícanse polo miúdo aspectos como a periodicidade dos traballos a realizar, as épocas, os produtos a utilizar ou a maquinaria axeitada, entre outros, concretando puntos tan específicos como a altura que debe ter o céspede en función do deporte que se vaia a practicar (fútbol ou rugby) e da época do ano.

En canto ao control de maleza e ás labores de mantemento das zonas verdes dos recintos deportivos, establécense tamén as labores periódicas de sega e desbroces precisas para garantir o bo estado das instalacións, sendo como mínimo de 8 operacións por instalación e ano.

Para o axeitado mantemento do céspede natural require a utilización da maquinaria, ferramentas e equipo de persoal, específicos e especializados, polo que nos pregos advírtese que estas labores deberán executarse por parte de empresas de mantemento especializadas neste sector e que conten cos devanditos recursos.

Na lista de maquinaria a utilizar figuran segadoras heliocoidal, rotativa e de fío, tepeadora, recebadora autopropulsada, aboadora rotativa, equipo de tratamento fitosanitario, aspirador-soprador, hidrolimpiadora de alta presión, tractor, vehículo con remolque para o transporte de materiais.

Nos pregos tamén se especifica que o desenvolvemento das operacións de coidado e mantemento respectarán o calendario de competición e distintos eventos, polo que terán que coordinarse coa Fundación de Deportes. Ademais, adoptaranse todas as medidas necesarias para que afecten o mínimo posible ao funcionamento normal dos recintos.

Un operario presente en todos os partidos e eventos oficiais na Lomba

A adxudicataria deberá cumprir outras obrigas, como contar co persoal necesario para a boa execución dos labores de mantemento, coas debidas condicións de aptitude e práctica requiridas, debendo ser substituídos os que non cumpran, segundo os criterios do servizo municipal.

Tamén deberá dispoñer dunha persoa con funcións de mantemento que, de forma presencial, deberá estar en todos os partidos e eventos oficiais que se desenvolvan ao longo do contrato no Estadio Municipal A Lomba para dar cobertura ás necesidades que se poidan producir.

Atención 24h/365 días ao ano

A empresa deberá estar en disposición de prestar unha atención 24 horas os 365 días o ano sempre que o Concello así o requira cunha antelación mínima de 24 horas. Nestes casos, a adxudicataria deberá aportar o persoal necesario para a execución óptima dos traballos necesarios.

Por último, a empresa que se faga co contrato deberá presentar unha memoria anual de actividade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -