_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello encarga o deseño da humanización de Conde Vallellano ao autor das da Praza de Galicia e Arcebispo Lago

A humanización e mellora da accesibilidade no centro urbano de Vilagarcía completarase cunha intervención na rúa Conde Vallellano e seguindo unha estética semellante á que teñen actualmente a Praza de Galicia e a rúa Arcebispo Lago. Co obxectivo de ofrecer unha imaxe unificada e de continuidade no eixo que conforman estas zonas, a Xunta de Goberno local encargou o deseño da actuación a Mariano Vázquez, o mesmo arquitecto que proxectou as humanizacións anteriores.
02.03.2023.- Evocar a imaxe orixinal que tiña a zona outrora, cando as marismas se penetraban no que hoxe é o centro de Vilagarcía, foi o principal motivo de inspiración das actuacións da Praza de Galicia e de Arcebispo Lago, coa presenza de auga e de vexetación típica dos esteiros. Esta mesa idea manteríase en Conde Vallellano, onde se actuaría nos 1.395 metros cadrados de superficie existentes entre a Praza de Galicia e o cruce coa avenida da Mariña.

O contrato para a redacción do proxecto básico e de execución da actuación adxudicouse por 14.000 euros con cargo á subvención obtida polo Concello a través da Rede Ágora da Deputación, correspondente á liña de redacción de proxectos para a recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables. Con esta subvención tamén se contratou a redacción do proxecto de humanización e mellora da accesibilidade do tramo da avenida da Mariña que pasa fronte a Praza da Peixería, neste caso á arquitecta Lucía Araújo. Aínda que polo momento a execución destas dúas obras non ten fixado prazo, coa súa realización pecharíase a humanización en toda a mazá que bordea o casco vello do Castro, dando continuidade e creando unha gran área peonil.

Cada un dos proxectos adaptarase ás características e necesidades de cada zona en concreto, podendo darse un tratamento completamente peonil ou de uso compartido entre peóns e vehículos, segundo sexa conveniente en cada caso, e sempre baixo criterios de accesibilidade e seguridade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -