_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello encarga a Lucía Araújo o deseño da humanización da contorna da Praza da Peixería

O goberno local de Vilagarcía continúa planificando actuacións de mellora das rúas da cidade co obxectivo de renovar a súa imaxe e servizos e de adaptalas á filosofía e criterios do modelo de cidade que está a desenvolver o executivo que preside Alberto Varela. Neste contexto, a Xunta Local de Goberno acordou hoxe encargar á arquitecta vilagarcián Lucía Araújo Cascallar a redacción do proxecto de humanización da contorna da Praza da Peixería. A adxudicación deste contrato ten un custe de 13.000 euros (IVE incluído) e se financia coa subvención para a recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables concedida pola Deputación a través da Rede Ágora.
27.02.2023.- O proxecto a realizar afectará a unha superficie de 1.400 metros cadrados, os correspondentes ao tramo da avenida da Mariña que discorre por diante das instalacións culturais e da oficina municipal de turismo da Peixería. Previamente, nesta zona de levara a cabo unha actuación de urbanismo táctico para comprobar o resultado de peonalizar a rúa co obxecto de gañar accesibilidade e seguridade nun tramo especialmente transitado polos peóns que acoden aos actos e actividades que se desenvolven nas instalacións da Peixería, e tamén por ser unha zona que xa se cortaba ao tráfico os martes e sábados pola mañá para a celebración do mercado.
O proxecto encargado a Lucía Araújo mellorará e consolidará esa actuación previa cunha intervención máis consistente que permitirá renovar a imaxe dunha zona que pasará a incorporarse ás rúas peonís que a rodean: O Castro, Arcebispo Lago, Castelao e Praza de Galicia, e ás que no futuro tamén se unirá Conde Vallellano. De feito, o deseño de Conde Vallellano é outro dos proxectos cuxa redacción se financiará a través da subvención da Rede Ágora.

Adiantar traballo para concorrer a subvencións

A redacción dos proxectos é un paso que o executivo de Varela intenta facer sempre co obxectivo de ir adiantando traballo e ter os documentos dispoñibles para cando vaian xurdindo convocatorias de subvencións ou liñas de axudas de outras administracións ás que poder concorrer para financiar as obras. Dado que moitas convocatorias non son periódicas, senón de carácter extraordinario e puntual, e como os prazos de presentación soen ser curtos, ao dispor previamente dos proxectos, non se corre o risco de deixar pasar a oportunidade de obter financiamento por non ter a documentación xa elaborada para poder solicitar a axuda.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -