_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A obra de Laxeiro chega a Vilagarcía a través de dous cadros do pintor e fotografías de Xurxo Lobato

“Acción Laxeiro”, a exposición sobre o pintor lalinense organizada pola Real Academia das Belas Artes para conmemorar o Día das Artes Galegas, chega o luns 16 de xaneiro a Vilagarcía. Esta orixinal mostra comisariada polo fotoxornalista e membro da Academia de Belas Artes, Xurxo Lobato, amosa, non só obras do que un dos artistas plásticos contemporáneos máis relevantes e recoñecidos de Galicia, se non tamén, o proceso de creación deses cadros. A mostra itinerante inaugúrase o luns ás 20.30 horas na sala de exposicións do Auditorio coa presenza do alcalde, Alberto Varela, do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, do presidente da Academia de Belas Artes, Manuel Quintana e do comisario. Poderá visitarse ata o 17 de febreiro.
14.01.20223.- Como o seu propio nome indica, “Acción Laxeiro” mostra a Laxeiro en plena acción así como os resultados finais desa actividade. E os ollos a través dos que se exhibe esa faceta case sempre descoñecida da creación artística son os do propio comisario da mostra, Xurxo Lobato, que recrea detalle a detalle o proceso de creación de Laxeiro en dous momentos concretos: cando pintou o cadro de gran formato “Aparición” e cando elaborou unha obra para o libro “Galegos na escaleira”.

Lobato retratou a Laxeiro neses dous momentos tan especiais. O primeiro, tivo lugar en abril de 1987 na galería “Trinta” de Santiago de Compostela, onde o pintor de Lalín accedeu a pintar en directo e ante numeroso público un cadro. Titulouno “Aparición” e é o óelo de 176 x 146 centímetros que se poderá ver en Vilagarcía a partir do luns. Xunto a el, as imaxes de Lobato que recollen ese fito.

E o segundo momento, foi uns anos despois, en 1993, no domicilio do artista en Vigo, e mentres este pintaba a obra a incluír na publicación que a Fundación Caixa Galicia estaba preparando sobre destacados galegos e galegas de renome e que o propio Lobato ía a ilustrar coas súas fotografías.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -