_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Os técnicos recalculan o orzamento da reforma do pavillón de Fontecarmoa para axustala á alza dos prezos

Como xa acontecera co proxecto do skate park do Cavadelo, o incremento xeneralizado e constante de prezos que se ven rexistrando no último ano foi a razón pola que a licitación da obra de reforma integral do pavillón número un de Fontecarmoa quedase deserta ao non terse presentado ningunha empresa. Como tamén se fixo no caso do skate (ao que en segunda convocatoria concorreron dúas empresas), os servizos técnicos do Concello xa está recalculando o orzamento para axustalo aos prezos actuais dos materiais da construción co obxectivo de volver a sacar a contratación a esperada obra no menor tempo posible. O executivo local axilizará ao máximo o procedemento para que os traballos, que teñen un prazo de execución de 7 meses, poidan comezar canto antes.
14.01.1972.- O proxecto da reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa estaba presupostada en 1.703.874 euros que se financiarán maioritariamente con fondos municipais, xa que o Concello aporta 1.353.874 euros, mentres que a Secretaría Xeral para o Deporte achega 350.000. Ademais de recalcular o presuposto tras a escalada dos prezos, o Concello tamén está traballando xa nas vías para financiar o sobre custe, de xeito que tan pronto se teña concretado a cifra, poida continuar o trámite coa nova licitación.

La reforma integral do pavillón de Fontecarmoa é unha obra gran envergadura que inclúe a reparación da estrutura, a substitución da cuberta, a mellora de envolventes e o acondicionamento interior do pavillón, así como a instalación de sistemas de enerxía fotovoltaica, a renovación da instalación eléctrica e a de climatización.

O proxecto resolverá todas as carencias e deficiencias que presentan actualmente as instalacións construídas hai máis de 40 anos, especialmente en materia de humidade e condensación, que dificultan a práctica deportiva. Así, aparte da estrutura e instalacións, tamén se renovará a zona de vestiarios, aseos e o perímetro da cancha; e as novas instalacións fotovoltaica, eléctrica e de climatización permitirán que o renovado pavillón cumpra os compromisos da Axenda 20-21 e suba catro niveis na escala de eficiencia enerxética, pasando a situarse na categoría “A”.

Compromiso reafirmado

Tras o imprevisto sufrido ao quedar deserta a primeira licitación, o executivo que preside Alberto Varela no só volve a rearfirmarse no compromiso adquirido a principios do mandato para realización desta necesaria e demandada actuación, se non que agora tamén se compromete a xestionar coa maior axilidade as solucións que permitirán continuar co procedemento e ver iniciarse a obra cando antes.

Como a maioría dos vilagarciáns, o goberno local quere que Vilagarcía conte no menor prazo posible cunhas infraestruturas deportivas modernas, adaptadas aos requirimentos que esixe a práctica deportiva na actualidade e ás características técnicas en canto a eficiencia enerxética, e tamén acordes a unha cidade de 48.000 habitantes que acolle neste pavillón competicións de carácter autonómico e nacional e incluso eventos internacionais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2023  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -