_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
A Praza de Abastos e os seus produtos promocionaranse cunha campaña ‘online’ financiada cos Next Generation

Entre os obxectivos fixados pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía para o ano 2023 están continuar coas políticas de dinamización e potenciación da Praza de Abastos. A primeira actuación que se vai a poñer en marcha neste sentido será unha campaña de comunicación online a desenvolver durante todo o ano co obxectivo de achegar os servizos e produtos da praza a novos públicos e captar nova clientela entre os sectores da poboación de menor idade, que son os que frecuentan menos os mercados públicos. A execución desta iniciativa contratouse por importe de 12.450 euros (sen IVA) á empresa Proimaxe.
09.01.2023.- A campaña de comunicación online para a Praza de Abastos enmárcase no programa “Vilagarcía Viva”, deseñado pola concellería que dirixe Alba Briones para dinamizar o comercio de proximidade e que obtivo financiamento europeo a través dos fondos Next Generation. Esta medida en concreto corresponde á liña relativa á transformación dixital, de aí que a campaña se centre na promoción online. Esta consistirá no deseño e difusión a través dos novos medios dunha serie de contidos para presentar e dar a coñecer á cidadanía aos praceiros do mercado público, a informar da ampla oferta que existe na Praza de Abastos, dos produtos de tempada, das propiedades nutricionais dos mesmos ou a propoñer receitas ou ideas que realizar co xénero que ofrece o mercado, por poñer uns exemplos. A campaña secuenciarase en catro etapas a desenvolver ata finais de 2023 e contará cun boletín físico a modo de apoio ou complemento da difusión online.

Placas solares e cargadores para vehículos eléctricos

Esta non é a única medida na que a Concellería de Promoción Económica está traballando para mellorar a Praza de Abastos a través do “Vilagarcía Viva”. O departamento que dirixe Alba Briones vén de recibir o proxecto técnico para dotar ao mercado municipal da instalación fotovoltaica que permita ao edificio ser autosuficiente en materia enerxética, de xeito que aproveitando a luz solar se poida xerar a enerxía eléctrica necesaria para o autoconsumo nas instalacións. Nesta mesma actuación se inclúe a instalación de dous estacións de carga para vehículos eléctricos.

O proxecto está presupostado en 111.152 euros que tamén se financiará cos fondos Next Generation, neste caso a través da liña relativa á eficiencia enerxética que a UE promove para reducir as emisións de CO2. O documento deberá ser revisado polos técnicos municipais para posteriormente sacarse a licitación.

O programa “Vilagarcía Viva” conta cunha subvención de 537.023 dos Next Generation e ten como obxectivo revitalizar o comercio de proximidade promovendo a súa modernización, de xeito que saia fortalecido e sexa máis competitivo e eficiente de cara ás necesidades do consumidor actual, á vez que se axuste aos requisitos medio ambientais e enerxéticos que se defenden dende Europa. A Praza de Abastos é só unha das áreas que abraca o programa, que tamén incluirá medidas destinadas ao comercio local e ás zonas urbanas comerciais da cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -