_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O Concello de Vilagarcía adhírese outro ano máis á campaña En negro contra a violencia machista

Un ano máis, o Concello de Vilagarcía súmase á campaña conxunta de numerosos municipios de Galicia, “En Negro”, contra a violencia machista. Desta volta, e sendo conscientes da importancia do papel dos homes para superar esta lacra, dende o Consello Local da Muller fíxose especial fincapé no sector automobilístico. Así, as “pegatinas” cos lemas da campaña foron distribuídas en concesionarios, talleres, empresas de transporte, taxis... con unha moi boa resposta. Pero as actividades non se quedan aí, cunha gran participación dos centros educativos.
18.11.2022. Tania García, concelleira de Igualdade; Julia Barbosa, directora do CIM; e Adriana Beloso, técnica de Igualdade, foron as encargadas de presentar o programa. Segundo dixeron, o sector do automóbil é “un sector moi masculinizado e polo tanto queremos deixar claro que non se trata dunha loita de homes contra mulleres, senón que é unha loita común de toda a cidadanía en contra do machismo”.

Dende a Área de Igualdade do Concello destacaron a resposta tan positiva que tiveron dese sector “á hora de converterse en espazos libres de violencia machista e facer difusión das ‘pegatinas’ que se lles facilitou dende a Área para que distribúan entre a súa clientela”. Ademais de concesionarios de coches, talleres de reparación, autoescolas, talleres de venta de pezas…tamén colaboran na difusión da campaña os taxistas de Vilagarcía e a empresa de autobuses urbano Pereira, integrada no grupo Abalo.

Neste sentido, Beloso indicou que calquera outra entidade que queira participar pode ponerse en contacto coa Área no 986 099 200 ext. 103/109 ou ben no correo vilagarciaennegro@vilagarcia.gal .
Ademais desta campaña, o traballo que os centros educativos veñen realizando dende o comezo do curso para contribuír á loita contra o machismo, quedará plasmado nun festival reivindicativo o xoves 24 no Auditorio. Ao festival acudirán preto de 800 alumnos e alumnas de centros de Vilagarcía e farán diferentes representacións. O evento comezará ás 11 da mañá no auditorio.

O día 25, ás 12:00h, diante do Concello, lerase o manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e, neste ocasión, será a cargo de dúas alumnas de 2º Bacharelato do Ies Castro Alobre.

O manifesto será interpretado en linguaxe de signos a través da FAXPG dentro do proxecto “Abrindo Portas ás mulleres xordas de Pontevedra” financiado pola Deputación de Pontevedra, e irá acompañado dun trío de frautas do Conservatorio Municipal de Música.

Ese mesmo día pola noite, ás 21:00h, no Salón García, proxectarase a película “20th Century Women”, en colaboración co Cineclube Ádega.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -