_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación oferta 8 actividades deportivas para adultos e 3 escolas infantís para a tempada que se abre o 10 de outubro


A Fundación de Servizos Deportivos do Concello de Vilagarcía de Arousa vén de abrir o prazo de inscrición nas actividades deportivas que desenvolverán ao longo da tempada 2022/23 que se inicia o vindeiro 10 de outubro. Para o público infantil e xuvenil impartirá as tres escolas tradicionais en función das idades (psicomotricidade, multideporte e de deporte base) e para os adultos os programas Activo MaiorMente, destinado ás persoas de máis idade, e o Vilagarcía en Forma, no que se impartirán sete disciplinas deportivas diferentes.
24.09.2022.- As inscricións deberán realizarse a través da sede electrónica do Concello ( https://sede.vilagarcia.gal ), na sección da Fundación de Deportes, ata ás 23.59 horas do día 3 de outubro. As cotas a abonar son as mesmas que dende hai anos: 12 euros polo curso completo nas escolas deportivas infantís e 18 por trimestre nas de adultos. Tamén se mantén a gratuidade para as persoas que teñan sacado o carné da fundación e ás familias que teñan ingresos inferiores ao IMPREM, así como as bonificacións do 25% para familias numerosas e do 50% para as persoas con ingresos inferiores ao IPREM.

A oferta para a rapazada consiste na Escola de Psicomotricidade, para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 5 anos (nados no 2017 ao 2018); a Escola de Multideporte para que a rapazada de 6 e 8 anos (nados no 2014 ao 2016) teña un primeiro contacto con diferentes disciplinas a través da iniciación a diferentes deportes e mediante xogos predeportivos; e as Escolas Deportivas de Base para rapazada de entre 9 e 15 anos (nados do 2007 ao 2013), nas que se ofertan as modalidades de atletismo, artes marciais, baloncesto, pádel, patinaxe, tenis de mesa, xadrez e ximnasia rítmica.

O proxecto Activo MaiorMente diríxese a persoas maiores de 65 anos e ten como obxectivo principal o mantemento da condición física e dos aspectos cognitivos sensibles de alterarse ao longo do proceso de envellecemento. Ademais busca potenciar a relación e comunicación entre as persoas maiores e, en xeral, o mantemento da autonomía durante o maior tempo posible. Este programa consta dos servizos deportivos de clases dirixidas de ximnasia funcional, a prescrición de exercicio físico de maneira individualizada e o control e asesoramento dun programa de actividade física adaptado ás particularidades da idade.

Pola súa banda, o Vilagarcía en Forma é un programa de actividades de acondicionamento físico e deportivo, así como de movemento intelixente. Os interesados poderán elixir ata un máximo de dúas actividades de entre as sete que se impartirán: aerobic, estiramentos e relaxación, funcional training, ioga, pilates, ximnasia acuática e ximnasia de mantemento.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -