_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O proceso de transformación da cidade co modelo de mobilidade sostible exponse na mostra “Velaívai!”

Os actos programados polo Concello de Vilagarcía para continuar concienciando en materia de mobilidade sostible coa celebración da Semana Europea da Mobilidade continúan esta fin de semana. Á instalación simbólica de coches na rúa Rey Daviña súmanse a mostra “Velaívai!” na Praza de Galicia sobre as conclusión extraídas do diagnóstico do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Vilagarcía (PMUS), o taller de iniciación á bicicleta e o tradicional paseo nocturno.
16.09.2022.- A mostra da Praza de Galicia leva por título “Velaívai!” o nome que se lle vén de dar ao proceso a seguir para continuar transformando o modelo de mobilidade do municipio baixo criterios de sustentabilidade, respecto ao medio, prioridade para o peón e mellora do benestar e a calidade de vida dos cidadáns.

Participación cidadá

Nos distintos paneis que se distribuirán pola Praza de Galicia recóllense os obxectivos do PMUS, a situación de partida da cidade, a situación final á que queremos chegar e o proceso que levará dun punto a outro. Neste proceso fálase da necesidade de contar coa participación cidadá mediante a creación da Mesa de Mobilidade posta en marcha xa hai uns meses coa finalidade de coñecer as opinións, demandas e necesidades da veciñanza e recoller as súas propostas, de xeito que os técnicos as poidan plasmar na redacción final do PMUS.

Na mostra explícase todo o proceso e as fases de desenvolvemento do mesmo, así como aspectos moi ilustrativos que fundamentan o modelo de mobilidade sostible en base á poboación e patróns de mobilidade de Vilagarcía, un territorio que, pese a súa orografía e extensión idóneas para camiñar ou ir en bicicleta, depende en exceso do coche e no que só o 34% dos desprazamentos internos de distancias curtas de fan a pé.

Na mostra ofrécense tamén as liñas de traballo para lograr unha mobilidade máis sostible, segura e saudable, como a mellora ampliación dos itinerarios peonís e ciclistas, a implementación das humanizacións e o deseño de rúas máis amables e inclusivas, a racionalización do uso dos coches, a mellora do transporte público colectivo e o reforzo da calidade das zonas e rúas peonís.

Por outro lado, o taller de iniciación á bicicleta está destinado a ensinar a persoas adultas a manexarse no vehículo de pedais. Poderán acudir tanto aqueles que non saiban montar en bici como os que, aínda sabendo, se sintan inseguros por perda de práctica. As sesións as impartirán monitores especializados da Escola da Bici e da Rede de Cidades que Camiñan. Celebraranse no Paseo García de Caamaño, detrás da Praza de Abastos o sábado de cinco a sete e o domingo de dez a doce da mañá e de cinco a sete da tarde. As bicis, cascos, chalecos e demais equipamento, ponos o Concello.
A participación é de balde, sendo necesario unicamente cubrir a inscrición que poderán atopar pinchando no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1C_WmFu8uy0XUg9BX5lXZ3zI43maA2iwXo_-F7N4HCT4/viewform?edit_requested=true

E o sábado, o Cavadelo será o punto de encontro da que será a segunda edición do ano do tradicional Paseo Nocturno organizado en colaboración coa asociación Arousa en Bici. As persoas que desexen participar deberán dirixirse alí para comezar a ruta que seguirá o percorrido tradicional ata Vilaxoán, para regresar a Vilagarcía, continuar ata Carril e regreso ao punto de partida, sempre por beiramar e aproveitando o carril bici.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -