_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
María Alonso Seisdedos gaña o premio Plácido Castro de tradución na súa vixésima edición

A filóloga e tradutora María Alonso Seisdedos vén de gañar a vixésima edición do Premio Plácido Castro pola tradución, do catalán ao galego, da obra Canto jo i la muntanya balla, de Irene Solá. O xurado do premio convocado pola Fundación Plácido Castro reunise o pasado 2 de setembro en Cambados para avaliar as obras presentadas ao certame, acordando outorgar o galardón a María Alonso Seisdedos “pola prefecta adaptación” realizada da obra de Irene Solá. A entrega da XX edición do premio de tradución celebrarase o vindeiro 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, en Vilagarcía, concello integrante da Fundación.
06.09.2022.- No fallo do xurado saliéntase o valor da novela, de aparencia sinxela pero de construción complexa, con pluralidade de voces narrativas, que sinala unha perfecta adaptación dos rexistros da lingua de orixe, reflectindo a súa oralidade con altas doses de precisión. Así mesmo, destácase que logra manter o ritmo da narración respectando a atípica puntuación do orixinal.
A obra premiada é unha fermosa novela coral ambientada no Pirineo catalán que mantén o eco da tradición, da memoria e da natureza, e que foi distinguida como Mellor Libro Europeo de 2020.

A galardonada

María del Carmen Alonso Seisdedos naceu en Vigo en 1961 e é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Barcelona e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Traduce principalmente ao galego obras escritas en inglés, francés, portugués, italiano, alemán, catalán e castelán, contando cunha longa e prolífica traxectoria neste campo (44 traducións literarias dende 1980 á actualidade). A súa labor foi recoñecida con numerosos galardóns, como o Premio Nacional á mellor tradución de 2014, Mellor Tradución de 2009 da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en varias edicións do Premio Fervenzas Literarias, Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, Premio Nacional de Tradución de España ou Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Traducido, entre outros.

2.000 euros en metálico e unha escultura de Xaquín Chaves

O Premio Plácido Castro de Tradución está dotado cun diploma e unha peza escultórica denominada “Babelio”, deseñada expresamente para o concurso por Xaquín Chaves. A dotación económica, de 2.000 euros, é procurada pola empresa Lugar da Santiña, baixo a xerencia de Paco Feixó.

O Premio de Tradución Plácido Castro tense consagrado como un referente no sistema literario galego. Na edición de 2020 resultou gañador Laureano Araújo e na nómina de premiados en edicións anteriores figuran persoeiros como Lois Tobío, Xela Arias, Anxela Gracián, María Reimóndez, Camiño Noia, Mona Imai, Isabel Soto ou Antía Veres.

O xurado

Os membros do xurado da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución foron Olga López López (Xunta de Galicia), Beatriz Fariñas (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación), Ramón Caride Ogando (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Alberte Álvarez Lugrís (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), Xavier Senín Fernández (Real Academia Galega) e Xulio Ríos (Presidente de Honra do IGADI), en calidade de secretario en representación da Fundación Plácido Castro, con voz pero sen voto.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -