_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Vilagarcía, que multiplicou por 4 o seu parque móbil en 40 anos, acolle un congreso sobre a mobilidade do futuro

En 1980, en Vilagarcía había apenas 6.000 vehículos matriculados. Hoxe, corenta anos despois, son 26.000. O espazo segue sendo o mesmo. Este e o punto de partida para o congreso “Vaiderúas” que se celebrará no auditorio os días 20, 21 e 22 deste mes sobre a mobilidade do futuro. Nel participarán algunhas das voces máis autorizadas sobre a materia, dende o pedagogo italiano Francesco Tonucci á xeógrafa Marta Román, a presidenta de Stop Accidentes, Jeanne Picard, ou o recoñecido consultor José Luis Cañavate. A inscrición é gratuíta.
03.09.2022. A concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María Mochales, e o responsable de Obras e Relacións Veciñais, Lino Mouriño, foron os encargados de presentar esta iniciativa que se enmarcará nos actos da Semana Europea da Mobilidade, na que o Concello participa dende hai moitos anos. A cita dos días 20, 21 e 22 pretende ir máis alá do que se espera dun congreso ao uso, no que unha serie de relatores expoñen as súas ideas, para converterse nunha verdadeira reflexión co público presente sobre as cidades que queremos no futuro. E, neste sentido, os datos son ben elocuentes: se en corenta anos Vilagarcía multiplicou o seu parque móbil, as cifras do Estado son aínda máis radicais: se en 1922 había arredor de 100.000 vehículos, hoxe, cen anos despois, polas rúas e estradas de España circulan 32,5 millóns.

“O espazo segue sendo o mesmo”, advertiu Paola María, para lembrar que nas últimas décadas o que se fixo foi perder espazo para os verdadeiros protagonistas das cidades, a veciñanza, e cederllo aos vehículos de motor. Un proceso que agora, cun novo modelo de cidade, se pretende reverter a través de peonalizacións, ciclovías, calmado do tráfico, aparcamentos disuasorios e o fomento do transporte público e individual, como as bicicletas ou os monopatíns, en definitiva, cunha mobilidade e unha accesibilidade sostibles, máis respectuosas co medioambiente e que procuren unha maior calidade de vida.

De todo isto irá o “Vaiderúas”, cuxo nome deriva do programa municipal de mobilidade Vai!, do que xa penden Vaibús!, Vaiapé! ou o Vaibike! A xuntanza, por iso, se dividirá en tres bloques: Mobilidade e Espazo Público, Mobilidade e Infancia, e Mobilidade e Saúde. Ademais de relatorios xerais e outros específicos sobre como se aplican as novas experiencias de accesibilidade e mobilidade en Vilagarcía, polas tardes haberá distintas experiencias abertas a todo o público tales como talleres sobre como andar correctamente en bici, sobre seguridade viaria para peóns ou o denominado “Paseo de Jane” (na honra da Jane Jacobs, referente mundial na definición das cidades do futuro) para coñecer, da man do arquitecto municipal, Juan José Rodríguez Cuíña, a evolución das principais rúas da cidade e as políticas que se aplicaron e se aplican para facelas máis habitables.

A inscrición, gratuíta, xa está aberta: basta cubrir un formulario que figura nesta mesma web. Tamén aquí pode consultarse e descargar o programa completo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -