_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Carril vive a fin de semana máis movida do ano cos concertos e actividades paralelas do Ameixa Rock

A sede do Gato Negro acolle dende hoxe e ata o vindeiro 5 de setembro a exposición conmemorativa dos dez anos de historia do Ameixa Rock, o festival que esta fin de semana regresa á localidade carrilexa para enchela de música e diversión. Os concertos que ofrecerán o sábado pola noite Miguel Costa, Ruxe Ruxe e Liberad al Kraken son só unha parte do programa que inclúe obradoiros de marisqueo, visitas guiadas a Cortegada, sesións musicais a mediodía e o tradicional Entroido Rock na praia da Cobacha. Todas as actividades son de balde coa excepción das visitas e obradoiros que, iso si, teñen un desconto especial para o Ameixa Rock.
29.08.2022.- A exposición “10 anos de Rock” inaugurouse este mediodía na sede do Gato Negro coa presenza do alcalde, Alberto Varela, da concelleira de Cultura, Sonia Outón, e dos organizadores do festival, Elpidio Costa, Adrián Berride e Viviana Calvo. A mostra, que poderá visitarse ata o 5 de setembro, fai un repaso polos dez anos do Ameixa Rock a través das camisetas de cada edición, así como dunha recompilación das imaxes dos concertos, dos grupos participantes, das actividades e do ambiente vivido nesta primeira década de historia. A exposición tamén reserva espazo especial aos veciños e veciñas de Carril homenaxeados en cada edición do festival.

O prato forte do Ameixa Rock son os concertos que o sábado 3 de setembro ofrecerán a partir das 21.30 horas o grupo gañador do certame de bandas emerxentes deste ano, Liberad al Kraken, os xa clásicos Ruxe Ruxe e, como cabeza de cartel, o mítico e gran Miguel Costa, o que fora voz da primeira etapa de Siniestro Total.

Pero o Ameixa Rock é moito máis que un festival musical. O seu obxectivo é dinamizar Carril, e con esa idea o programa inclúe outras actividades lúdicas a desenvolver de venres a domingo, como as sesións vermú, o espectáculo circense ou o Entroido Rock. Así, o venres, 2 de setembro, haberá unha sesión musical ás 13.30 horas na Praza da Liberdade e o Entroido Rock amenizado pola Duendeneta na Praia da Cobacha a partir das 22.30. Todas as persoas que acudan disfrazadas con temática rock recibirán un agasallo.
A artista inglesa afincada en Galicia Sophi, será a encargada de amenizar a sesión vermú do sábado 3 de setembro, xornada na que pola tarde, a Praza da Liberdade acollerá o espectáculo de Culturactiva, Cirkote,

Como en edicións anteriores e para que as persoas de fora podan tamén coñecer Carril, ofreceranse as visitas guiadas a Cortegada e os talleres de marisqueo que se organizan en colaboración con Corticata e AmarCarril. Estas dúas serán as únicas actividades de pago, a prezo de oferta, e para as que será preciso reservar con antelación. Para os talleres de marisqueo deberase contactar a través dos teléfonos 659 79 52 67 e 626 24 97 25 e para as visitas guiadas a Cortegada, do número 986 565604 ou da web https://corticata.com/contacto-corticata

A homenaxe deste ano do Ameixa Rock ten como destinatario a José Luis Mulet, “todo un referente na recuperación da memoria de Carril, unha persoa implicada en todo momento e gran impulsor da actividade cultural e social, que sempre traballou polo pobo e ao que tanto lle debemos”, explicaron os organizadores.

O alcalde, Alberto Varela, agradeceu aos tres organizadores “o gran esforzo e todo o traballo que realizan durante todo o ano para poder chegar a setembro e agasallarnos con este festival”. O rexedor salientou especialmente o espírito altruísta do Ameixa Rock “cuxo único beneficio que persegue é o beneficio para Carril”.

A concelleira de Cultura felicitou aos organizadores polo “traballo ben feito” e por iniciativas tan interesantes e positivas como a do certame de bandas emerxentes, “que serve de trampolín aos grupos que están comezando e precisan dun escenario para darse a coñecer”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -