_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A nova fase do plan de accesibilidade arranca mañá polo tramo de Doutor Tourón que desemboca na Praza de España

As obras da segunda fase do Plan de Mellora da Accesibilidade arrancan mañá polo tramo da avenida Doutor Tourón que desemboca na Praza de España. O Concello inviste 141.000 euros nos traballos que tamén afectarán á rúa Marxión e ao tramo da avenida de Cambados que dá acceso ao barrio do Piñeiriño. A empresa Moncosa será a encargada de executar as obras que se financian cos fondos do Plan Concellos da Deputación correspondente á convocatoria 2022/23. O prazo de execución é de 2 meses.
29.08.2022..- As obras que comezan mañá en Doutor Tourón teñen dúas partes. A primeira afectará ao tramo que discorre entre a ponte sobre o Con e o cruce coas rúas Fariña Ferreño e Alejandro Cerecedo, e completará a actuación levada a cabo hai uns meses cando se ensanchou unha das beirarrúas. Polo tanto, a obra a realizar agora afectará á da outra marxe da calzada. No segundo tramo, o que vai dende os semáforos ata a Praza de España, actuarase nas dúas beirarrúas, pero non se eliminarán estacionamentos xa que o ancho da calzada permite mantelos ao tratarse dunha rúa de sentido único de circulación de vehículos, cunha plataforma de circulación que antigamente dispoñía de dous carrís.

Aproveitando as obras tamén se revisará a rede de saneamento e se adaptará a de recollida de pluviais recolocando os sumidoiros segundo a nova configuración das beirarrúas. Igualmente, as actuacións inclúen o pintado da sinalización horizontal.

Os traballos a desenvolver no acceso ao Piñeiriño centraranse en renovar o tramo de beirarrúa da avenida de Cambados que enlaza con Camilo José Cela. Trátase dun firme que se atopa moi deteriorado debido ás raíces das árbores que levantaron o pavimento e dificultaban o tránsito dos peóns e das persoas con mobilidade reducida, de aí que sexa necesario levantar a beirarrúa e reconstruíla de forma uniforme para que sexa completamente accesible.

Por último, a actuación prevista na Rúa Marxión, ademais de garantir a accesibilidade, consistirá en mellorar a seguridade viaria da zona escolar, con actuacións como ensanche de beirarrúas onde o ancho da calzada o permita, e creación, mediante pintado, de corredores seguros para o tránsito dos peóns onde non sexa viable a primeira opción. Ademais, na desembocadura desta rúa coa de San Roque, unha zona moi transitada polo alumando do IES Castro Alobre, adoptaranse medidas de seguridade viaria e calmado de tráfico, como a elevación de pasos de peóns.

As tres intervencións incluídas neste proxecto intégranse no Plan Municipal de Mellora da Accesibilidade que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía a través de diversas actuacións tendentes a adaptar as beirarrúas aos anchos previstos na lei, construílas con materiais que resulten máis cómodos e seguros para ser transitados polos peóns, máis resistentes e tamén para mellorar a seguridade viaria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -