_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello licita por 242.200 euros a mellora do firme de máis de dous quilómetros de camiños rurais

O Concello de Vilagarcía vén de sacar a licitación as obras incluídas no Plan de Asfaltado de Camiños Municipais de 2022, un proxecto valorado en 242.200 euros (IVE incluído) e que permitirá acondicionar e mellorar o firme en algo máis de dous quilómetros da rede do rueiro rural. Son cinco camiños nos que se actuará a través destas obras, tres pertencentes a Guillán, un á parroquia de Cornazo e outro a Zamar. As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o 15 de setembro para presentar as súas ofertas.
27.08.2022.- O asfaltado destes cinco camiños rurais de Vilagarcía finánciase a través do Plan Concellos da Deputación correspondente ao período 2022-23. O prazo de execución das obras, unha vez adxudicadas e asinado o correspondente contrato, é de dous meses.

A relación dos camiños incluídos no plan deste ano fíxose á base á lista de peticións trasladadas polas asociacións de veciños e priorizando aqueles máis frecuentados e que se atopaban en peor estado. Os traballos afectarán á Rúa do Souto, en Cornazo, no tramo de 775 metros que vai dende a Rúa Moreiras á Avenida Agustín Romero, e aos 185 metros do Camiño Novo de Zamar. No lugar Guillán melloraranse 90 metros da Rúa Ardinso, 970 metros da Rúa García Hermo e outros 90 metros da travesía García Hermo. En total asfaltarase algo máis de 2 quilómetros do rueiro municipal.

Pese a tratarse tan só de cinco camiños, o investimento a realizar é bastante elevado. Isto débese a que se trata de vías que, aínda que pertencen a parroquias do rural ou da periferia, se atopan en zonas moi urbanizadas polas que, en consecuencia, discorren moitos servizos que contan á súa vez con numerosos rexistros e arquetas cada poucos metros que é preciso levantar e poñer a nivel, ao igual que os rebaixes das entrada ás vivendas. Son estes detalles os que encarecen as obras.

Ademais do que é a renovación do firme propiamente dito, as obras prevén completar os tramos da rede de recollida de pluviais e construír os pozos de rexistro e imbornais correspondentes, o realce das tapas de rexistro existentes e tamén a creación de lombos redutores de velocidade dos coches nos puntos sinalados pola Policía Local. Tamén se inclúe o pintado da sinalización horizontal e a instalación da vertical.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -