_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Concello coordina o plan de seguridade do Combate Naval cos corpos e organismos implicados

O Concello de Vilagarcía celebrou onte a reunión de revisión e coordinación do plan de protección e seguridade que se porá en marcha con motivo dos preparativos e o desenvolvemento do Combate Naval do vindeiro 20 de agosto. Representantes de todos os corpos policiais, servizos de emerxencias, administracións e empresas implicadas na realización do espectáculo pirotécnico participaron na reunión presidida polos edís de seguridade Cidadá, José María González, e de Cultura, Sonia Outón.
04.08.2022.- Ademais dos concelleiros, á reunión estaban convocados os mandos da Policía Local e Nacional, do departamento de Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil, os responsables do Servizo Municipal de Emerxencias, dos Bombeiros, da Policía Portuaria, da Axencia Galega de Emerxencias e da Xefatura Provincial de Emerxencias en Pontevedra, así como representantes de Capitanía Marítima, Autoridade Portuaria, da empresa pirotécnica e da de seguridade e do servizo de electricidade do Concello.

Os asistentes repasaron o documento xa elaborado e no que se establecen todos os aspectos a ter en conta para que o multitudinario espectáculo se leve a cabo baixo as normas de seguridade que permitan gozar da esperada cita da que os vilagarciáns e numerosos veciños doutros municipios levan dous anos sen poder gozar debido ás restricións consecuencia da pandemia.

Ademais de concretar os efectivos dispoñibles e delimitar perímetros de seguridade, tanto da zona de almacenamento como de instalación dos fogos, o plan recolle tamén medidas como a delimitación dos puntos dende onde se botarán os fogos, ás franxas de seguridade a partir das cales se poderán colocar os espectadores nas praias da Concha e da Compostela, os sistemas de vixilancia durante o evento, así como as zonas de evacuación do público.

En canto aos medios que se mobilizarán para a execución do operativo, contarase coa participación de 40 persoas dos distintos corpos e servizos implicados, que actuarán tanto por terra como por mar. Varias patrullas da Policía Local e Nacional así como unha portuaria actuarán sobre o terreo, onde tamén se disporá de dúas ambulancias de soporte vital básico dotadas cada unha con dous técnicos en emerxencias sanitarias, e estarán dispoñibles tres vehículos de extinción de incendios do Servizo Municipal de Emerxencias co seu respectivo persoal. Por mar actuará unha patrulla da Garda Civil apoiada por tres embarcacións da agrupación local de Protección Civil. O operativo estará dirixido e coordinado dende o Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias.

O Plan de Seguridade e Protección que se elabora anualmente para o Combate Naval de Vilagarcía é un referente en Galicia de cara á celebración de espectáculos pirotécnicos de entidade, segundo manifestaron na reunión os representantes da Garda Civil. Trátase dun plan moi completo e definido no que todos os protocolos de actuación están perfectamente concretados para actuar nas posibles circunstancias que se puideran dar nun evento ao que acoden miles de persoas e no que se manexa material pirotécnico.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -