_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Alén Metal Fest regresa este sábado á Xunqueira con seis representativas bandas de rock e metal

O Alén Metal Fest, o festival de música rock e metal creado en 2019 par ampliar o espectro dos eventos musicais de Vilagarcía a todos os xéneros posibles, regresa despois dos dous anos de pandemia. A segunda edición do evento organizado pola Asociación Cultural Indanonvaidesta celebrarase este sábado, 9 de xullo, a partir das 19.00 horas no Parque da Xunqueira cun cartel encabezado pola banda mallorquina Trallery e que completan cinco dos grupos mais representativos do metal galego: Dark Embrance, Strikeback, Infrahumano, Lapsus Mentis e Taxikull. A entrada é libre e de balde.
05.07.2022.- A primeira edición do Alén Metal Fest celebrouse non verán de 2019 baixo a organización da asociación O Souto, de Rubiáns. Agora colle o relevo Indanonvaidesta, a asociación cultural sen ánimo de lucro creada a nivel comarcal co obxectivo de promover, organizar e participar en eventos relacionados co mundo do rock, metal, música, baile tradicional ou teatro. Tanto na primeira edición como na de agora, o festival conta co patrocinio do Concello de Vilagarcía no marco das políticas da Concellería de Cultura de dar cabida na oferta lúdica do municipio a todo tipo de manifestacións culturais e artísticas e ao maior número de estilos posibles co obxectivo de agradar a todos os públicos da cidade e tamén de ampliar os eventos que atraian público de fora.

Os concertos do sábado comezarán ás 19.00 horas e contarán con todas as medidas de seguridade e comodidade para os asistentes. Haberá persoal de seguridade e, aínda que a entrada é libre e de balde, control de aforo. Tamén se instalarán baños químicos e haberá un punto de venta de comida e bebidas.

Os grupos

As seis bandas que conforman o cartel do Alén Metal Fest 2022 contan cunha recoñecida traxectoria no mundo do metal, teñen unha ampla discografía e soen participar nos festivais máis importantes do xénero de toda España.

Sen ir máis lonxe, TRALLERY participou no Resurrection Fest de Viveiro en 2019. A súa música bebe dunha ampla gama de influencias que van dende o thrash e o death, ata o rock. A banda mallorquina compóñena Humberto Pol (baixo e voz), Biel Gayá (guitarra e coros) e Sebastiá Barceló (batería). Practican un thrash que poderíase cualificar como da “old school”.

DARK EMBRACE é unha banda galega influenciada polos subxéneros máis escuros do heavy metal. Fundada en Vigo no ano 2000, os seus primeiros demos mostraron o espírito e o potencial da banda, obtendo boas críticas da prensa especializada. A súa discografía componse dos traballos “The Call Of The Wolves”, “The Rebirth of Darkness”, “Doomed by Life”, “Raven's Blood” e “Bitter End”.

STRIKEBACK é una banda galega de Thrash Metal formada na Coruña en 2014 que nestes poucos anos de vida xa conseguiu que a súa fama transcenda máis alá da súa terra natal. Claramente inspirados polas bandas clásicas de thrash da Bay Area de San Francisco, tamén conceden pequenos chiscos ao crossover. Contan cos albums “Share Your Hate”, “The Plague”, “Awakening EP” e “Pulsar “ e participaron no Dimetal Fest en 2019 e no Resurrection de 2020.

INFRAHUMANO é unha banda de death metal que nace en Vigo na primavera de 2017. Os seus compoñentes son Natanael Nuñez, guitarra; Fredy Vivanco, baixo; Jorge Arellano, batería, e Felipe Espinoza, voz. As súas influenzas van dende o grunge ata o hard rock, tendo como escola a escena de bandas consagradas nos anos noventa. Dende os seus inicios, Infrahumano apostou por un son baseado en guitarras pesadas pero con tonalidades melódicas. Isto, fusionado con letras que falan de experiencias persoais por un lado, e por outro expoñendo críticas cara o sistema social. En outubro de 2017 a banda lanzou o seu primeiro sinxelo titulado “Invict”.

LAPSUS MENTIS, banda de thrash metal oriúnda de Vigo e formada en 2010, fíxose un nome dentro do seu estilo con moito traballo, unha forza brutal nas súas interpretacións e con letras realistas, sen florituras nin outra cousa máis que a verdade e a realidade como estandarte. O seu álbum debut titúlase “Traición a la verdad” e veñen de publicar o segundo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -