_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A romaría urbana de Santa Rita resucita o domingo con procesión, baile tradicional, cine e verbena

Despois de dous anos, a tradicional romaría urbana que caracteriza as festas de Santa Rita, volverá a encher de bulicio a contorna de Vista Alegre no día grande na honra da avogada dos imposibles. O domingo, día de Santa Rita, a relixiosidade e a devoción impregnarán boa parte da xornada coas misas dende as 6 da mañá e a multitudinaria procesión con saída ás 20 horas. O guerreiro Morrigan e a deusa Celta da guerra visitarán mañá o parque da Xunqueira para pasear no seu carro aos nenos e nenas que acudan á feira, mentres que “Terra”, o himno das Tanxugueiras, soará e bailarase como colofón do VI Encontro Folclórico Santa Rita. O cine para os máis cativos regresa co Festivaliño, e grupos de gaitas da localidade animarán as rúas da cidade cos seus pasacalles. E a festa continuará o luns, festivo local en Vilagarcía.
PROGRAMA PARA O DOMINGO 22 DE MAIO:

09:00 [CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE A PELADA]
I Torneo Santa Rita Fútbol 8 Alevín – Benxamín.
Organiza: Atlético Faxilde.

DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, cos postos de artesanía, alimentación, obradoiros…
11:30 O Carro de Morrigan e da deusa Celta da Guerra, chega ao mercado para apresar e transportar aos cativos.
12:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais [De 12:00 h. a 15:00 h.].
12:30 O Carro de Morrigan pasea aos cativos polo mercado.
13:00 Música tradicional polas rúas do mercado “As Searas”.
13:30 e 14:30 O Carro de Morrigan pasea aos cativos polo mercado.

12:30 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Grupo de Gaitas Treboada de Guillán

DE 18:00 A 23:30 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
18:00 Apertura do mercado e da zona de xogos infantís tradicionais [De 18:00 h. a 22:00 h.].
18:30 O Carro de Morrigan pasea aos cativos polo mercado.
19:00 Música tradicional polas rúas do mercado “As Searas”.
19:30 e 20:30 O Carro de Morrigan pasea aos cativos polo mercado.
21:00 Música tradicional polas rúas do mercado “As Searas”.
21:30 O Carro de Morrigan pasea aos cativos polo mercado.
23:30 Peche do mercado.

18:00 [PRAZA RAVELLA]
Festivaliño on the road 2022
[18:00 a 21:00] Curtametraxes infantís.
[21:00] Proxección Valentina.
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa Avoa -que lle ensina a xogar ao xadrez e unha chea de cancións- anímaa sempre a seguir adiante: "Se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!" Pero a nena non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta.
Unha historia de inclusión e de normalización das persoas con diversidade funcional.
Duración: 70 min.

19:00 [PRAZA DA II REPÚBLICA]
VI Encontro Folclórico Santa Rita
Asociación Cultural Nós de Sobradelo.
Grupo de Baile e Música Tradicional Tahume.
Compañía de Danza Fran Sieira (coreógrafo do tema “Terra” das Tanxugueiras).

Este ano o encontro folclórico mestura baile galego tradicional e contemporáneo.
Na primeira parte o Grupo Nós de Sobradelo e Tahume encargaranse da parte máis tradicional e na segunda a Compañía de Danza de Fran Sieira porá o toque contemporáneo á danza galega. Ao final do encontro as tres formacións bailarán o tema “Terra”, animando ao público a seguilos.

20:00 [RÚAS DA CIDADE]
Procesión
Percorrido: Saída do Convento de Vista Alegre, Rúa Castelao, Praza de Galicia, Rúa Conde Vallellano, Rúa Juan García, Rúa Valentín Viqueira, Avda. da Mariña, Rúa Conde Vallelano, Praza de Galicia, Rúa Castelao.

21:00 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Grupo de Gaitas Os Terribles de Arousa.

22:00 [RÚA ALEXANDRE BÓVEDA]
Verbena popular: Orquestra Los Satélites.

PROGRAMA PARA O LUNS 23 DE MAIO:

DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, cos postos de artesanía, alimentación, obradoiros…
12:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais [De 12:00 h. a 15:00 h.]
13:00 Pasacalles musical polo mercado.

12:30 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Grupo de Gaitas Malveiras de O Carril.

11:30 a 13:30 [PRAZA RAVELLA]
Festivaliño on the road 2022
Curtametraxes infantís.

17:00 [PRAZA RAVELLA]
Festivaliño on the road 2022
[17:00 a 20:00] Curtametraxes infantís.
[20:00] Proxección “Valentina”. Película galega galardoada co Goya á Mellor Película de Animación.
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa Avoa -que lle ensina a xogar ao xadrez e unha chea de cancións- anímaa sempre a seguir adiante: "Se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!" Pero a nena non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta.
Duración: 70 min.

DE 18:00 A 23:30 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
18:00 Apertura do mercado e da zona de xogos infantís tradicionais [De 18:00 h. a 22:00 h.]
18:00, 20:00 e 21:30 Pasacalles musical polo mercado
23:30 Peche do mercado.
20:00 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Grupo de Gaitas Lumarada de Cornazo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -