_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello pon a cobro o imposto de circulación para os 26.710 vehículos a motor matriculados no municipio

O Concello de Vilagarcía informa de que vénse de abrir o prazo de cobro voluntario do Imposto de Vehículos de Tracción Motora (IVTM), obriga que os contribuíntes poderán cumprir de forma voluntaria entre o 16 de maio e o 18 de xullo. Segundo o padrón deste imposto municipal, emitiranse un total de 26.710 recibos, o mesmo número que vehículos a motor de todo tipo que figuran como matriculados en Vilagarcía (turismos, autobuses, camións, tractores, motocicletas...). A suma do importe dos recibos postos a cobro ascende a 1.872.176,88 euros.
17.05.2022.- A ordenanza municipal que regula o IVTM recolle bonificacións para diferentes tipos de vehículos en función das súas características. En total, no actual exercicio están bonificados 593 recibos. 281 correspóndense con vehículos para persoas con mobilidade reducida ou discapacidade, aos que se lles aplica a máxima bonificación, a do 100%, igual que a o único vehículo para asistencia sanitaria matriculado no municipio. Tamén contan co máximo desconto os 25 automóbiles históricos, que son aqueles que ademais de ter máis de 25 anos de antigüidade contan coa cualificación de "histórico"; así como 40 vehículos agrícolas. Un 75% de desconto no recibo teñen 8 vehículos ecolóxicos, os de 0 emisións, mentres que os 41 incluídos nas categorías Eco ou híbrida están bonificados nun 50%. Tamén contan con bonificación vehículos que teñen máis de 25 anos pero non están cualificados como históricos.

Unha vez rematado o prazo voluntario de pago abrirase a vía de constriximento, que implica a aplicación dos correspondentes xuros de demora. IVTM

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -