_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello facilitará a primeira experiencia profesional en tres titulacións de grao e unha de ciclo superior

O Concello de Vilagarcía súmase ao programa provincial de fomento da empregabilidade “Primeira experiencia profesional” co obxectivo de facilitar que titulados universitarios e de ciclos superiores de FP poidan adquirir prácticas laborais que incluír nos seus currículos. A Concellería de Promoción Económica e Emprego vén de solicitar á Deputación unha axuda ao abeiro deste plan co obxectivo de facilitar a primeira experiencia laboral -requisito que demandan moitas empresas á hora de contratar persoal- a un total de 4 titulados mediante un contrato formativo de 12 meses de duración.
10.05.2022.- As especialidades que requirirá a administración local vilagarciá unha vez se resolva a convocatoria das axudas son un grao en Socioloxía para dedicarse a tarefas de mobilidade sostible na Área de Mobilidade do Concello, un grao en Educación Social para traballar na Área de Servizos Sociais, un grao en Enxeñería Técnica de Obras Públicas para Urbanismo e un ciclo superior en Animación socio cultural e turística para labores nas concellerías e Cultura e Turismo.
Solicítanse 4 postos xa que este é o número máximo que prevé a convocatoria en base á poboación do Concello de Vilagarcía. O proxecto ten un custe de 83.423 euros, para cuxo financiamento se vén de solicitar unha axuda de 60.000 euros no marco do Plan de Fomento da Empregabilidade da Deputación e aos que o Concello achegaría os 23.432 restantes.

Segundo as bases da convocatoria, as titulacións demandadas abarcarán postos de traballo en xeral, así coma, os relacionados coa transición ecolóxica e a economía verde, a dixitalización de servizos, a cohesión social e o desenvolvemento local rural, preferentemente.

Requisitos dos aspirantes
Para poder acceder a un destes contratos formativos, os interesados, ademais de contar coa titulación esixida en cada caso, deberán cumprir outros requisitos como estar inscritos como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego e estar empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra. Ademais, no momento da contratación non deben ter transcorrido máis de tres anos, ou máis de cinco cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos. Outros requisitos son que non obtiveran experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da entidade por un tempo superior a tres meses, que non estean contratados en prácticas ou formación nalgún dos programas da Deputación de Pontevedra no momento da selección e non ter estado contratados na mesma ou distinta entidade en virtude da mesma titulación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -