_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Saen a licitación por 150.000 euros as obras de accesibilidade en Doutor Tourón, Marxión e no acceso ao Piñeiriño

O Concello de Vilagarcía vén de pendurar na Plataforma Pública de Contratación o anuncio de licitación das obras de Mellora de Accesibilidade da rúa Marxión, Doutor Tourón e acceso ao Piñeiriño. Cun prezo de saída de 150.000 euros (IVE incluído), os traballos que se financian a través do Plan Concellos 2022/23 da Deputación teñen un prazo de execución de 2 meses. As empresas interesadas presentar as súas ofertas ata o día 25 de maio.
05.05.2022.- O proxecto inclúense no Plan Municipal de Mellora da Accesibilidade que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía a través de diversas actuacións tendentes a adaptar as beirarrúas aos anchos previstos na lei de accesibilidade, construílas con materiais que resulten máis cómodos e seguros para ser transitados polos peóns, máis resistentes e tamén para mellorar a seguridade viaria.

Esta nova fase afectará ao primeiro tramo da avenida Doutor Tourón, a Marxión e tamén á entrada ao barrio do Piñeiriño, permitindo no primeiro caso completar os traballos realizados hai uns meses no outro treito da rúa, mellorar a seguridade viaria no segundo e renovar un tramo de beirarrúas moi deterioradas e que dificultan o tránsito dos peóns, no terceiro.

Os traballos previstos consisten no ensanche de beirarrúas, na elevación de pasos de peóns e construcións de rebaixes para garantir a accesibilidade, na creación de zonas seguras de tránsito de peóns onde non sexa posible construír beirarrúas (na rúa Marxión), na revisión das redes de saneamento e pluviais adaptando os sumidoiros á nova configuración das rúas, e no pintado da sinalización horizontal. En todos os casos as beirarrúas terán un ancho mínimo de 1,80 metros e, onde existan elementos de sinalización ou mobiliario urbano, a zona libre de obstáculos disporá dun mínimo de 1,50 metros. As novas beirarrúas executaranse con pavimento continuo de formigón acabado con cemento branco, fratasado e rallado mediante cepillo metálico

A actuación a executar na avenida Doutor Tourón divídese en dous tramos. No primeiro, o que discorre entre a ponte sobre o Con e o cruce coas rúas Fariña Ferreño e Alejandro Cerecedo, completarase a actuación levada a cabo hai uns meses cando se ensanchou unha das beirarrúas. Polo tanto, a obra a realizar agora afectará á da outra marxe da calzada, que tamén se ensanchará aproveitando a liña de estacionamentos existente, de xeito que se cumpra a normativa de accesibilidade. No segundo tramo, o que vai dende alí ata a Praza de España, actuarase nas dúas beirarrúas, pero non se eliminarán estacionamentos xa que o ancho da calzada o permite ao tratarse dunha rúa de sentido único de circulación de vehículos, cunha plataforma de circulación que antigamente dispoñía de dous carrís.

As obras a realizar na Rúa Marxión atenden tanto a razóns de accesibilidade como de seguridade viaria, dado que se trata do principal acceso ao Centro de Educación Especial e ao colexio Anexo A Lomba. A idea é habilitar, na mesma plataforma viaria e mediante sinalización horizontal, corredores seguros para os peóns a ambos lados da beirarrúa. A actuación complétase coa instalación de sistemas de calmado de velocidade.

Os traballos para mellorar a accesibilidade ao barrio das Pistas desenvolveranse no tramo da Avenida de Cambados situado entre as confluencias coas rúas Camilo José Cela e Mondariz (no acceso ao barrio do Piñeiriño). A obra consiste no acondicionamento das beirarrúas, cuxo pavimento atópase actualmente moi deteriorado debido á acción das raíces das árbores, o que provoca o continuo traballo dos servizos municipais para tratar de arranxar os problemas de levantamento e rotura de lousas e desniveis no firme. Coas obras, as beirarrúas disporán dunha superficie nivelada, lisa e continua que ofreza maior seguridade ás persoas que por alí transitan.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -