_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O orzamento municipal de 2022 entra en vigor tras terse publicado no BOP

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, 3 de maio, a aprobación definitiva dos Orzamentos Municipais do Concello de Vilagarcía para o ano 2022, que este ano acadan os 31.502.634 euros, un 0,38% máis que os do exercicio anterior. A publicación do acordo é o último trámite, polo que os orzamentos entran en vigor de forma automática, o que permite ao Concello ir dando curso ás actuacións xa previstas e proxectadas, pero que non podían aprobarse antes ao financiarse con partidas consignadas nos presupostos deste ano. Igualmente, xa se poderán iniciar os trámites para a concertación do préstamo co que se financiará parte do Plan de Investimentos.
03.05.2022.- No presuposto de 2022 volve a subir o gasto social, nesta caso un 12%, ata acadar os 2,5 millóns de euros, o maior da historia neste eido. O capítulo de Investimentos suma 1,4 millóns, dos que 850.000 euros proceden do préstamo e o resto, de fondos propios. Maila isto, os investimentos a financiar con fondos propios no serán os únicos a executar en Vilagarcía este ano posto que, a maiores, continuará a execución dos fondos europeos aos que conseguiu acceder o Concello a través das actuacións previstas no programa “Vilagarcía Avanza”, que inclúe, por exemplo, a ampliación da piscina ou a renovación do pavillón de Fontecarmoa; e nos Fondos Next Generation para a recuperación económica (mellora do mercado, apoio ao sectores empresariais e comerciais locais, actuacións en dixitalización).

Aínda coa operación de crédito prevista no Orzamento por importe de 850.000 euros, o nivel de endebedamento do Concello situarase no 32,5%, moi por debaixo no 75% que a lei establece para que as administracións locais poidan continuar subscribindo créditos libremente, e máis lonxe aínda do 110% que so lles permite facelo previa autorización da administración superior. Este dato, xunto co superávit previsto de 2.101.488 euros, pon de manifesto de novo a boa saúde económica das arcas municipais de Vilagarcía, situación que se ven repetindo dende o inicio dos mandatos do goberno socialista. De feito, os informes técnicos avalan que o documento cumpre cos principios de equilibrio, estabilidade e suficiencia financeira que establecen as leis.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -