_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONSUMO
As xornadas de cociña saudable e aproveitamento impartidos por Xoanqui Ameixeiras comezan este xoves na Praza de Abastos

As xornadas de cociña saudable e de aproveitamento “Segunda volta” que organiza a Concellería de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía arrancan este xoves, 5 de maio, da man do popular e televisivo cociñeiro Xoanqui Ameixeiras. A sesión desenvolverase no espazo gastronómico da Praza de Abastos, sito no primeiro andar, a partir das 11.30 horas. O público pode asistir libremente e de balde para ver como se cociñan saboroso e saudables pratos elaborados cos produtos de tempada que se ofertan no mercado público da cidade.
03.05.2022,. O departamento que dirixe Alba Briones organiza estas xornadas co obxectivo de dinamizar a Praza de Abastos á vez que promocionar a economía circular e a cociña económica e saudable. A concelleira explicou que para iso, todas as receitas serán elaborados cos produtos de proximidade que se ofertan na propia Praza de Abastos de Vilagarcía, incidindo no aproveitamento das sobras duns pratos para elaborar outros, de xeito que todo se aproveite nesta “segunda volta”. “Trátase tamén nunha forma de facer cociña económica e saudable”, apuntou durante a presentación.

Xoanqui Ameixeiras amosouse “moi ilusionado porque conten comigo para desenvolver esta actividade na miña cidade, para a miña xente e cos produtos da miña terra, algo que é un orgullo, pero que tamén me pon algo nervioso”. Maila isto sinalou que “apórtame tranquilidade saber que vou a facer receitas moi sinxelas, como coas que nos alimentaron as nosas avoas e as nosas nais”. O cociñeiro do programa da TVG “Estache bo” explicou que cada xornada seleccionará produtos da Praza de Abastos para elaborar as receitas engadindo que “a praza de Vilagarcía conta cunha enorme variedade de produtos frescos e de proximidade: peixe, carne, verduras… e son todos dunha excelente calidade porque son de proximidade, pescados, criados e cultivados na propia zona, e xa se sabe que canto menos distancia percorra un produto, maior calidade ten porque conserva mellor todas as súas propiedades”.

O presidente da asociación de Praceiros, Juan Carlos López, tamén tomou a palabra para agradecer ao Concello a organización desta actividade de dinamización que se desenvolve no marco da colaboración que a Concellería de Promoción Económica e Mercados mantén de forma continuada co colectivo.

O programa “Segunda volta” desenvolverase dous xoves alternativos ao mes ata finais de ano. Sempre na zona gastronómica da Praza de Abastos e comezando as 11.30 horas.
A actividade execútase a través do programa “Vilagarcía Avanza”, financiado cos fondos europeos das EDUSI a través da liña “Actuacións para o apoio a familias vulnerables”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -